O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioEra a fin do verán, nese fugaz momento no que o día se despide e a noite comeza a envolver a paisaxe costeira. Nunha praia de Mañón, as mareas traían dende moi lonxe unha botella de cristal cunha carta no seu interior. O vidro brillaba sutilmente baixo as últimas raiolas de sol que atravesaban as nubes e ao seu carón, unha estrela de mar descansaba estendendo os brazos sobre a area, exhibindo as súas cores vivas e relucentes. Sobre as rochas, alzábase o faro, maxestoso e robusto. A súa luz xiratoria irradiaba un resplandor suave e reconfortante, guiando aos navegantes na escuridade. No horizonte, máis aló da Coelleira, divisábase a silueta dun barco solitario, navegando hacia a inmensidade. Que segredos gardaba aquela mensaxe selada no cristal?
A carta estaba asinada por unha tal "Ánxeles Alvariño", unha científica dos mares que se atopaba nalgún lugar do océano Atlántico e precisaba da nosa axuda...
Así comezaba esta aventura, un proxecto sobre o mar co que, a través dos retos de investigación que nos propón nas súas cartas a nosa oceanógrafa favorita, estamos a descubrir e aprender moitas cousas interesantes sobre o mar.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |