DIGICRAFT

Fai "click" nas ligazóns para ver máis de cada xogo.

 

SALVAR A FROTA

Con pezas recreando embarcacións tradicionais de Galicia feitas na nosa impresora 3D (deseño de Fasquia 3D).

 

SEA ANIMALS CONNECTOR

Versión do xogo "Conector" con nomes de animais en inglés.

 

FLEXICUBOS

Con imaxes da ría do Barqueiro.

 

MARPALABRA

Rosco de palabras sobre o mar.

Na clase de lingua estranxeira creamos esta versión do xogo "Conector" con nomes de animais mariños en inglés.

 

Materiais empregados:

- Papel

- Tesoiras

- Plastificadora e láminas para plastificar

- Pinzas

- Cinta condutora de cobre adhesiva

- Pilas de botón

- Cables

- Diodos led/bombilla

 

Era a fin do verán, nese fugaz momento no que o día se despide e a noite comeza a envolver a paisaxe costeira. Nunha praia de Mañón, as mareas traían dende moi lonxe unha botella de cristal cunha carta no seu interior. O vidro brillaba sutilmente baixo as últimas raiolas de sol que atravesaban as nubes e ao seu carón, unha estrela de mar descansaba estendendo os brazos sobre a area, exhibindo as súas cores vivas e relucentes. 

Sobre as rochas, alzábase o faro, maxestoso e robusto. A súa luz xiratoria irradiaba un resplandor suave e reconfortante, guiando aos navegantes na escuridade.

No horizonte, máis aló da Coelleira, divisábase a silueta dun barco solitario, navegando hacia a inmensidade.

Que segredos gardaba aquela mensaxe selada no cristal?

 

 

A carta estaba asinada por unha tal "Ánxeles Alvariño", unha científica dos mares que se atopaba nalgún lugar do océano Atlántico e precisaba da nosa axuda...

 

Así comezaba esta aventura, un proxecto sobre o mar co que, a través dos retos de investigación que nos propón nas súas cartas a nosa oceanógrafa favorita, estamos a descubrir e aprender moitas cousas interesantes sobre o mar. 

   

 

INTERMAREAL DE LADRIDO

 

O BUQUE ÁNGELES ALVARIÑO 

 

RÍO SOR

 

RÍA DO BARQUEIRO

 

RÍA DE FERROL, MUSEO NAVAL,

ARSENAL E CASTELO DE 

SAN FELIPE

 

SURF NA PRAIA DE ESTEIRO

 

 

INFOGRAFÍAS E MURAIS

 

FAROS 

 

BARCOS

 

FLEXICUBOS

 

REDES

 

XOGOS

 

PIRÁMIDES HOLOGRÁFICAS

 

ARTESANÍAS DIVERSAS

 

DICIONARIO PLURILINGÜE DO MAR

 

DISFRACES MARIÑOS

 

PODCASTS

 

QUEN É ÁNGELES ALVARIÑO

 

QUEN É ISABEL BARRETO

 

SERES VIVOS DAS NOSAS RÍAS

 

ARQUITECTURA E XEOGRAFÍA DO ORTEGAL

 

FITOPLANCTO E MAR DE ARDORA

 

OS FAROS

 

A ANTÁRTIDA

 

OS OFICIOS DO MAR

 

AS ENERXÍAS

 

 MITOLOXÍA E LENDAS MARIÑAS

 

 

 

 

  

Tags:

Este curso o noso centro foi admitido para participar no programa de innovación educativa DIGICRAFT NO TEU COLE.

Dito programa está impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o seu obxectivo é axudar ás nenas e nenos a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece, a través do xogo e a experimentación.

 

 

En que consiste: 

O proxecto "Digicraft no teu cole" é  unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Amtega e a Fundación Vodafone España que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e xuventude, a través dun Programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas dirixidas a alumnado de educación primaria, facilitando aos centros a dispoñibilidade de: 

  • Formación para o profesorado participante co obxecto de impartir o programa nas aulas.
  • Acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.
  • Dotación de material para cada centro, que permita aos docentese alumnado levar a cabo as actividades establecidas.

 

Esta semana xa recibimos o noso  KIT TECNOLÓXICO DIGICRAFT con todo o material necesario para levar a cabo o proxecto en canto o profesorado participante reciba a formación.

Distribuir contido