CPINNOVA

 

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE ISABEL BARRETO

Nesta entrega de "Aprende coas mulleres galegas" da Secretaría Xeral da Igualdade, afondamos máis na vida de Isabel Barreto, navegante galega, que ademais de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na historia da navegación en obter o cargo de almirante. 

 

 

TRABALLO SOBRE ISABEL BARRETO (ALUMNO DE 6ºEP)

 

 

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO 

Hoxe é o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.

Durante a semana realizamos diversas actividades sobre a autora homenaxeada, e hoxe queremos lanzar un concurso para todas as nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada:

 

CONCURSO DE POEMAS ACRÓSTICOS EN GALEGO

Acróstico provén do grego ákros: extremo, e stikhos: liña ou verso, e é unha composición poética na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou unha locución.

Animámosvos a crear un poema acróstico que lido en vertical forme o topónimo: O BARQUEIRO

Pode rimar ou non (prosa poética ou poema en prosa). Aquí deixamos un exemplo creado polas nenas e nenos de 4º e 5º EP na clase de lingua galega o curso pasado:

 

O POBO MÁIS FERMOSO DO MUNDO ENTEIRO

 

Beleza infinita,

Abre os teus ollos.

Rompen as ondas na beira do mar,

Quenta o sol sobre a Ponte Vella,

Unha lanchiña fondea na ría,

Entra o vento do Nordés.

Imaxina vivir aquí, 

Rodeado de auga e bosques, no Barqueiro...

O pobo máis fermoso do mundo enteiro!

 

Deixade voar a vosa imaxinación e poñede a traballar a vosa creatividade.

 

A participación é completamente voluntaria.

 

Podedes traer as vosas composicións ao cole ata o venres, 24 de maio.

 

 

 

O gañador/a será premiado co libro Alma de Violino, de Luísa Villalta, e algunha cousiña máis.

 

 

 

 

Actualizado o 28 de maio de 2024:

 

Xa temos gañadora do concurso. 

Parabéns, Julia!!!! 

 

Polo Día do Libro, o Alcalde de Mañón, Alfredo, achegouse ao cole para entregar uns diplomas aos gañadores/as do concurso de marcapáxinas que organizou a Biblioteca Municipal. Tamén agasallou a cada nena/o cun marcapáxinas reproducción das creacións gañadoras.
Ademais, na Praza do Mesón, a Biblioteca Municipal e os Servizos Sociais do Concello, organizaron un mercado solidario onde se intercambiaban libros por alimentos, así que un pequeno grupo de mestras e nenos/as achegámonos para facer a nosa pequeniña aportación.
Parabéns pola gran iniciativa!
 

 

Neste reto, Ánxeles desafiábanos a descubrir unha palabra segreda que dá nome a un tipo de organismos acuáticos.

 

 

 

Tivemos que buscar pola biblioteca as follas perdidas do seu caderno pero... non había nada escrito nelas! 

 

Finalmente, atopamos unha misteriosa lanterna que parecía ser a solución ao problema, así que, despois de romper a testa, a alguén se lle ocorreu apagar as luces e....

 

Por fin tiñamos algo, pero non lle atopamos moito sentido ata que nos percatamos de que cada folla tiña un número. Soamente había que ordenar as letras para formar a palabra:

 

 

FITOPLANCTON (castelán) ou FITOPLANCTO (galego).

Unha vez descuberta a palabra segreda, tocaba investigar sobre este tipo de seres vivos acuáticos. Aprendimos que son organismos que producen o seu propio alimento e nutrientes mediante o proceso da fotosíntese, igual que as plantas.

Ademais, descubrimos que hai algúns que son bioluminiscentes, é dicir, brillan na escuridade e deixánnos imaxes tan espectaculares como esta:

FOTO TOMADA DE TIEMPO.COM 

 

 

A este fenómeno coñéceselle como "mar de ardora" e podemos velo nas nosas costas, principalmente nos meses de agosto e setembro. 

Dende logo, a natureza é marabillosa! Que ganas de que chegue o verán para poder contemplar o fermoso espectáculo nas praias de Esteiro,  Bares ou Vilela...

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

 

Distribuir contido