CPINNOVA

Un dos fenómenos meteorolóxicos máis interesantes é o arco iris ou arco da vella.

Unha ponte entre o reino dos deuses e o dos homes, un camiño que conduce a un gran tesouro, o encargado de transmitir as mensaxes do ceo... Son moitos os significados que, en forma de lendas, mitos e contos populares, se lle teñen atribuído ao arco iris. 

 

 

A realidade é que se trata dun fenómeno óptico de grande espectacularidade. Cando os raios solares atravesan as pingas de chuvia, a luz descomponse en cores, cambia a súa dirección e sae da gota cun ángulo de aproximadamente 138º con respecto á súa dirección orixinal. Por causa disto, só vemos o arco da vella se estamos de costas ao Sol.

Raramente o apreciamos ao mediodía, mais si pode aparecer pola noite. Neste caso, o que se reflicte é a luz lunar sobre a choiva nocturna.

O arco da vella non ten final porque simplemente é luz, mesmo podemos facer que desapareza se poñemos unhas gafas especiais.

 

RETO:

Nestes días outonais de chuvia estanse a contemplar moitos arcos da vella, así que o reto consiste en fotografar todos os que poidades e subilos ao noso Padlet. 

Podedes pedir axuda aos adultos da casa para tomar as fotos, pois é un "reto en familia".

Instrucións:

- Toma unha foto do arco iris.

- Entra no noso Padlet.

- Segue os pasos que se indican nas imaxes para subir a túa foto.

    

 

- Logo escribe o nome do lugar onde foi tomada, a data e o teu nome (podes usar o espazo do asunto, descrición, etc).

- Finalmente, dalle a "publicar".

 

IMPORTANTE!

Regras:

- Non se admiten fotos antigas, soamente fotos tomadas este curso.

- Moi importante respectar os dereitos de autor. Só se permiten fotos tomadas por vós ou as vosas familias. 

- Non poden aparecer persoas identificables na imaxe.

 

ACTUALIZACIÓN AGOSTO 2023: VÍDEO COAS IMAXES RECOMPILADAS

 

Queridas nenas e nenos:

A mascota da nosa biblio, o cempés Chip, quere lanzarvos algúns retos este curso. Estades preparados/as para o primeiro?

Facede click na imaxe e descubride de que se trata!

 

Tags:

Este curso estamos adscritos aos Contratos-Programa Innova (CPInnova), na modalidade "EduInnova: O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente".

A iniciativa CPInnova trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.

Os novos CPInnova ofrecen oportunidades e recursos para desenvolver os seus proxectos dende un enfoque innovador, e seguir afondando na procura de estratexias para cambiar dinámicas e adoptar enfoques metodolóxicos novidosos.

 

 

Distribuir contido