O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioUn dos fenómenos meteorolóxicos máis interesantes é o arco iris ou arco da vella. Unha ponte entre o reino dos deuses e o dos homes, un camiño que conduce a un gran tesouro, o encargado de transmitir as mensaxes do ceo... Son moitos os significados que, en forma de lendas, mitos e contos populares, se lle teñen atribuído ao arco iris.
A realidade é que se trata dun fenómeno óptico de grande espectacularidade. Cando os raios solares atravesan as pingas de chuvia, a luz descomponse en cores, cambia a súa dirección e sae da gota cun ángulo de aproximadamente 138º con respecto á súa dirección orixinal. Por causa disto, só vemos o arco da vella se estamos de costas ao Sol. Raramente o apreciamos ao mediodía, mais si pode aparecer pola noite. Neste caso, o que se reflicte é a luz lunar sobre a choiva nocturna. O arco da vella non ten final porque simplemente é luz, mesmo podemos facer que desapareza se poñemos unhas gafas especiais.
RETO: Nestes días outonais de chuvia estanse a contemplar moitos arcos da vella, así que o reto consiste en fotografar todos os que poidades e subilos ao noso Padlet. Podedes pedir axuda aos adultos da casa para tomar as fotos, pois é un "reto en familia". Instrucións: - Toma unha foto do arco iris. - Entra no noso Padlet. - Segue os pasos que se indican nas imaxes para subir a túa foto.
- Logo escribe o nome do lugar onde foi tomada, a data e o teu nome (podes usar o espazo do asunto, descrición, etc). - Finalmente, dalle a "publicar".
IMPORTANTE! Regras: - Non se admiten fotos antigas, soamente fotos tomadas este curso. - Moi importante respectar os dereitos de autor. Só se permiten fotos tomadas por vós ou as vosas familias. - Non poden aparecer persoas identificables na imaxe.
ACTUALIZACIÓN AGOSTO 2023: VÍDEO COAS IMAXES RECOMPILADAS
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |