EDUCACIÓN INFANTIL

Dicionario con palabras típicas sobre o mar en galego traducidas ao castelán, inglés e aos ioutros diomas maternos do alumnado do cole: alemán, holandés e rumano. 

Dicionario Plurilingüe do Mar

 

Os ríos xogan un papel relevante no aporte de residuos ao mar, servindo de transporte dende as zonas de interior; mais onte comprobamos que o noso río Sor conta cunha calidade excelente nas súas augas, e agardamos que así siga sendo. 

 

 

Moitas grazas á asociación Nordés por organizar esta interesante e divertida actividade que contribuíu significativamente a fomentar a defensa do medioambiente entre as nenas e nenos do Vicedo e Mañón.

 

  

Nunha das súas cartas, Ánxeles pedíanos axuda urxente para arranxar os moteres do seu buque oceanógrafo, así que púxemonos mans á obra.

Primeiro, foi necesario coñecer os elementos que compoñen un circuito eléctrico.

Despois, montamos o noso circuito e experimentamos co seu funcionamento.

Descubrimos que hai materiais condutores e non contutores, e aprendimos a recoñecer cando un circuito está aberto ou pechado.

Ademais trabllamos as nosas habilidades comunicativas orais para predecir sucesos ou comunicar feitos acontecidos.

 

 

Coser soños, bordar historias, vivir momentos...

 

 

 

 

A semana pasada tivemos no centro dúas actividades culturais moi interesantes.
O martes 27 de febreiro, a editorial Anaya agasallounos coa visita do autor David Rodríguez, que fixo unha sesión de contacontos con final musical moi entretida, homenaxe ao recentemente falecido escritor, comunicador e mestre, El Hematocrítico.
 
O pasado venres, 1 de marzo, a animadora sociocultural do Concello trouxo ao cole a Laura Martínez Rey cos seus Danzacontos "Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva".
Foi unha actividade na que o alumnado do PAI e os máis pequenos do noso cole exploraron múltiples emocións a través da lingua e da música, tendo como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza.
Distribuir contido