Responder ó comentario

Nunha das súas cartas, Ánxeles pedíanos axuda urxente para arranxar os motores do seu buque oceanográfico, así que púxemonos mans á obra.

Primeiro, foi necesario coñecer os elementos que compoñen un circuito eléctrico.

Descubrimos que hai materiais condutores e non condutores, e aprendimos a recoñecer cando un circuito está aberto ou pechado.

 

En infantil, montamos os nosos circuitos e experimentamos co seu funcionamento.

Ademais traballamos as nosas habilidades comunicativas orais para predecir sucesos ou comunicar feitos acontecidos.

 

En primaria, ademais das prácticas cos kits de Polos Creativos, tamén experimentamos nun laboratorio virtual e logo creamos diversos produtos como:

- Maquetas de faros con luz.

- Maqueta de barco con motor, son e luz.

- Postais mariñeiras con iluminación.

- Xogo "connector" con nomes de animais mariños en inglés.

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO 

AdxuntoTamaño
20240426_105528.jpg91.72 KB
20240425_160705.jpg108.61 KB
20240426_111730.jpg59.69 KB
20240426_105430.jpg109.61 KB

Responder