Convivencia 12 - 13

ALUMNADO QUE MARCHA DO CENTRO

     

 

     
     

DESPEDIDAS

     
     

Este curso, ademais da despedida do alumnado de 6º, temos que facer outras moito máis tristes e máis atípicas porque hai nenos e nenas do centro que marchan, mesmo a países moi lonxanos, aos seus países de orixe ou aos dos seus pais. A situación actual obriga ás súas familias a buscar outro rumbo para a súa vida e aquí déixannos un enorme baleiro e fondos sentimentos de tristura, pero tamén a pegada imborrable da súa estancia con nós e uns marabillosos recordos dos momentos compartidos. Desexámoslles a eles e á súas familias que atopen todo canto van buscando e que teñan toda a sorte do mundo!

Pero pensade que o mundo é moi pequeno e podemos seguir en contacto, grazas á inmediatez das novas tecnoloxías, así que esperamos noticias vosas.

BOTARÉMOSVOS DE MENOS, CHICOS E CHICAS!!!


 
 
 
      Daniela Zwirner déixanos esta carta de despedida        
             

RECICLADO DE RESIDUOS INFORMÁTICOS, MÓBILES E PILAS

             
     

 

     
     

CAMPAÑA DE FOMENTO DO RECICLADO

     
     

Todos somos conscientes da inxente cantidade de residuos de todo tipo que xeneramos e do prexudiciales que resultan para o medio ambiente. Por iso o centro promove dende hai anos a recollida selectiva de papel, plástico e residuos orgánicos. Pero agora queremos dar un paso máis: queremos promover tamén a recollida selectiva e o reciclado de cartuchos de impresoras, toner e telefónos móviles, obxectos que teñen un alto poder contaminante.

Por este motivo, na entrada do centro pódense atopar dous contenedores de cartón no que se poden depositar no máis grande os residuos dos consumibles informáticos, e no máis pequeno os móbiles en desuso. BRÉTEMA TRATAMENTO DE RESIDUOS é a empresa que se vai ocupar da recollida dos mesmos.

Este é un xeito de concienzar aos nenos e nenas desde pequenos e de implicalos na conservación do planeta.

Informámoslles tamén de que o centro dispón de contenedores para a recollida de pilas de todo tipo.

     
           
             

BUZÓN DE SUXERENCIAS

         
   

 XA ESTÁ Á DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

O BUZÓN DE SUXERENCIAS

   
   

O buzón de suxerencias xa está a disposición da comunidade escolar. Está colocado dentro, á entrada do centro. Non dubiden en deixar as súas propostas ou comentarios. Unha vez lidas serán atendidas e, se procede, serán publicadas. Tamén, se queren facelo, pódense achegar as queixas ou suxerencias ao seguinte e-mail: isaacperalferrol@gmail.com

   
         

DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

     
  O DÍA 2 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO  
 

  Nós queremos que o noso centro continúe camiñando hacia un mundo más xeneroso e incluínte.

Un de cada 150 nenos e nenas nados en Galicia teñen un trastorno de espectro autista. Sería ideal que non tivésemos que facer nada para concienciar sobre o autismo, pero de momento cremos e percibimos polas nosas vivencias e polas dos nosos fillos que é moi necesario facer este tipo de accións. O trastorno de esectro autista identifícase polas alteracións en tres áreas:

- Alteracións na comunicación
- Alteracións nas relacións sociais
- Alteracións nas conductas

Facer visible o invisible é o que pretendemos con estas accións. O martes, día dos de abril, poñeremos globos azuis nas aulas e animaremos ao alumnado a que se vista de azul polo autismo e trataremos de que se entenda desde o punto de vista dos nenos o significado desta palabra.

Unha nai dun neno autista, agradecida pola labor da súa profesora, escribe as sensacións que o seu fillo transmite. Dedicámoslla a todos os mestres e familias que manteñen a súa ilusión de ser cada vez máis persoas traballando pola inclusión.

Ler a carta

Dous profesores de IES de Pontevedra, pais dun neno autista, contribuien cun video para axudar a derribar os tópicos que aínda existen arredor do "Trastorno de espectro autista" e para facer visible a realidade das persoas e das familias e profesionais directamente involucrados.


 

SOMOS SOLIDARIOS

     
  AXUDA SOLIDARIA
 
 

A COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL NECESÍTANOS

Os bombeiros de Ferrol-Narón están levando a cabo unha Campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para a Cociña Económica. O noso centro quere participar nesa campaña e por iso pedimos a colaboración das familias mandando alimentos non perecedeiros. A campaña remata o 20 de febreiro.

Grazas pola vosa solidaridade! 

 

COLABORACIÓN SOLIDARIA

         
    COLABORACIÓN SOLIDARIA    
   

Este ano o centro colabora solidariamente recollendo:

- Alimentos non perecedeiros para Cáritas Parroquial. Deberán  traelos en bolsas ou en caixas de cartón.
- Todo tipo de roupa, calzado... para a ONG Global Humanitaria: O luns repartiremos as bolsas nas que poderán meter a roupa.

O prazo máximo de entrega será o mércores 12 de decembro.

GRAZAS A QUEN MANTÉN VIVA A SOLIDARIDADE QUE NOS DISTINGUE

   

Powered by Drupal - Design by artinet