Act. Complementarias 12 - 13

O ALUMNADO DO 1º CICLO VAI AO "TERCIO NORTE"

    SAÍDA AO "TERCIO NORTE"    
   

O xoves día 30, o alumnado do 1º ciclo tivemos un interesante encontro musical escoitando as melodías interpretadas pola Banda de Música do Tercio Norte.

Divertímonos moito escoitando as bandas sonoras da Panteira Rosa, os Simpsons ou o Rey León. Cantamos todos xuntos cancións dos Paiasos da tele.

O director da banda presentounos os distintos instrumentos. Psámolo todos moi ben.

Ao remate do concerto didáctico tivemos unha sorpresa: uns cans adestrados esperábannos cos seus adestradores e fixeron unha divertida demostración que nos gustou moito.

Por certo, o can favorito dos nenos e as nenas foi Luki!

     

   
         

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2013

             
     

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

DO 13 AO 21 DE MAIO

   

     
     

Como corresponde a unha data tan importante, para a celebración das Letras Galegas este ano fixemos multitude de actos e actividades nas que participaron a totalidade do alumnado do centro e tamén as familias.

     
     

       

 Para comezar a celebración participamos dunha tradición galega moi arraigada: OS MAIOS.

O luns, día13, todos os nenos e nenas do centro trouxeron unha flor, e algúns incluso máis!. Con todas elas e coa axuda da FUNDAÇOM ARTABRIA, elaboramos dous magníficos maios e ademais engalanamos a entrada do centro.

Mirade, mirade as imaxes!

         

Premer na imaxe para ver máis fotos  entrar Fotos maios

Nestes videos apreciase o entusiasmo do alumnado e o grande valor artístico do seu traballo.


Damos as grazas á Fundaçom Artabria pola súa colaboración na recuperación das nosas tradicións.

Premendo aquí accededes á nova, ligazón e imaxes elaboradas pola Fundaçom Artabria

Todo o centro celebrando os maios e cantando a entrarCANCIÓN

     
     

O alumnado do 2º ciclo de Primaria participou nun OBRADOIRO DE GAITAS.

                

     
     

O martes, día 14 , o alumnado do 3º ciclo de Primaria tivo a oportunidade de participar  

nun OBRADOIRO DE COIRO e NÓS.

          

Máis fotografías premendo na imaxe  entrar

     
     

O mércores, día 15, o alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria participaron nun OBRADOIRO DE ABELLAS E APICULTURA, no que tiveron ocasión de aprender multitude de cuestións relacionadas con estes fascinantes insectos, os seus costumes, os produtos que fabrican e os múltiples beneficios que aportan á humanidade.

     

Para ver máis fotos premer na imaxeentrar

     
     

 O martes, día 21, celebramos o ACTO DAS LETRAS GALEGAS no que recitamos un precioso poema de Marica Campo titulado entrarA FALA, asistimos a unha representación de Roberto Vidal Bolaño e un grupo de profes nos adicaron unha pandeirada. Ademais, cada ciclo participou coa súa estrofa para construír entre todos unha fermosa e animada canción  tutulada entrarA MIÑA TÍA, e os profes tamén tiveron a súa estrofa!

Todo o alumnado do centro cantando e disfrutando na nosa lingua, TODOS XUNTOS FACEMOS GALEGO!!!

     

  Máis fotografías do acto premendo aquí entrar 

E aquí está un breve vídeo dese día onde podemos ver como disfrutamos todos cantando "A miña tía"


     
     

Durante toda a semana poidemos asistir á EXPOSICIÓN na LUDOTECA na que poidemos disfrutar de:

  • Exposición de barcos e instrumentos musicais que foron construídos por Eduardo G. Pino, pai de dúas alumnas do centro, de xeito totalmente artesanal.
  • Cousas de coiro
  • O mundo das abellas
  • Exposición de traballos organizados pola ANPA

Moitas grazas aos que fixeron posible esta exposición coa súa aportación e en especial a Eduardo por permitirnos disfrutar da súa obra artesanal!

Aquí tedes unha pequena mostra da exposición

     

Máis imaxes na nosa galería de fotos  entrar

     
     

 Tamén durante toda a semana fomos organizando unha EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS e actividades feitas nas aulas para que todos poidamos coñecer e valorar o traballo dos demais.

A esta exposición invitamos tamén ás familias para que vexan tamén que todos os nenos e nenas do Isaac Peral TRABALLAMOS MOITO E BEN!!!

 


 

     
     

 Como colofón á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano poidemos asistir á unha preciosa OBRA DE TEATRO no instituto Saturnino Montojo, subvencionado pola ANPA do centro, o xoves, 30 de maio. O título da obra é O REINO DOS FANTOCHES.

     

Máis imaxes na nosa galería de fotos entrar 

     
             
             

DÍA DO LIBRO 2013

             
             
                        

23

DE

 ABRIL 

 

 
               
             
   

  

O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 finaron Miguel de Cervantes e William Shakespeare

     É por este motivo que a UNESCO elixíu esta data para homenaxear ao libro e aos autores, animando a todo o mundo a descubrir o pracer da lectura: "Leer para vivir", lema para o Día Mundial do Libro 2013.

 

   
             
   

 CELEBRACIÓN  NO  COLEXIO

   
   

   Nós tamén creamos un lema:

 ""


   
   

      Cada alumno/a comparteu cos demais a paixón polo seu libro preferido, rotulando o título e facendo unha ilustración alusiva.

 

Con todos os traballos fixemos unha exposición na subida da escaleira

    

            

 

   
     

 

     
     

 

  En educación infantil decoramos os corredores co traballo :

""



     
     

 

 

 

   
     

 

     
   

  

 

 

 

"COMPARTIMOS  HISTORIAS"


Na semana do 15 ao 19 de abril o alumnado de cada curso leu un conto tradicional ao curso do nivel inferior.

 

 

                        

   Aquí están nenos e nenas de 1º facendo unha representación para os grupos de 3 anos. 

 

 s    
   

 

 

     
   

ACHEGÁMONOS Á OBRA DE  CERVANTES: 

         "O QUIXOTE"          

 

   
   

Para coñecer a introducción á obra máis relevante de Cervantes, utilizamos este vídeo:

   
     

  

    


 

   
     

 E este outro vídeo para aprender a canción: "Quijote, Sancho".

     
     

   

 

     
     

 

     
     

 

CELEBRACIÓN CONXUNTA

     
 

 

 

    

O 23 de abril, día grande no mes do libro, celebrámolo todos xuntos no patio, nun breve, pero significativo acto literario. 

 

               

   
             
   

 

UNHA MOSTRA DAS PRODUCCIÓNS DO ALUMNADO RELACIONADAS CON ESTA CONMEMORACIÓN      
   
     
             
            Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe                       
             

1º CAMPEONATO DE CÁLCULO ALOHA NA CORUÑA

     
  ALOHA, UN PROGRAMA DE DESENVOLMENTO MENTAL PARA NENOS DE 5 A 13 ANOS  
 

Dentro das actividades extraescolares que este ano estanse a realizar no noso centro está a actividade de ALOHA, un programa de desenvolvemento mental para nenos de 5 a 13 anos. Este ano vai ter lugar o 1º campeonato de cálculo ALOHA da Coruña o sábado 20 de abril, de 11 h a 13 h, no que participarán dez rapaces e rapazas do noso centro de diferentes cursos.

Boa sorte a todos!

 
     

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

         
          
   

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 

 2 de abril 

    
         
   

 

   O día 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, en homenaxe a Hans Christian Andersen, escritor danés que naceu ese mesmo día de 1805. Da súa imaxinación saíron contos tan coñecidos como: O soldadiño de chumbo, O parrulo feo, O traxe novo do emperador...

   Trátase de promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e animar á lectura aos máis pequenos.  

                       

 

       
         
   

 

  No colexio dedicaremos estes días a sesión  "A hora de ler"  a recordar contos de Andersen que todos temos no maxín, e a ler outros do autor que o noso alumnado aínda descoñece, porque a lista é longa...

   Tamén coñeceremos outros contos a través de vídeos.

 

   
         
   

 PREMENDO NA IMAXE PÓDESE ACCEDER A UNHA LISTAXE DE CONTOS DE ANDERSEN    

   
         
       Fai clic en cada título e... A  DIVERTIRSE!!!    
         

DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

     
  O DÍA 2 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO  
 

  Nós queremos que o noso centro continúe camiñando hacia un mundo más xeneroso e incluínte.

Un de cada 150 nenos e nenas nados en Galicia teñen un trastorno de espectro autista. Sería ideal que non tivésemos que facer nada para concienciar sobre o autismo, pero de momento cremos e percibimos polas nosas vivencias e polas dos nosos fillos que é moi necesario facer este tipo de accións. O trastorno de esectro autista identifícase polas alteracións en tres áreas:

- Alteracións na comunicación
- Alteracións nas relacións sociais
- Alteracións nas conductas

Facer visible o invisible é o que pretendemos con estas accións. O martes, día dos de abril, poñeremos globos azuis nas aulas e animaremos ao alumnado a que se vista de azul polo autismo e trataremos de que se entenda desde o punto de vista dos nenos o significado desta palabra.

Unha nai dun neno autista, agradecida pola labor da súa profesora, escribe as sensacións que o seu fillo transmite. Dedicámoslla a todos os mestres e familias que manteñen a súa ilusión de ser cada vez máis persoas traballando pola inclusión.

Ler a carta

Dous profesores de IES de Pontevedra, pais dun neno autista, contribuien cun video para axudar a derribar os tópicos que aínda existen arredor do "Trastorno de espectro autista" e para facer visible a realidade das persoas e das familias e profesionais directamente involucrados.


 

ENTROIDO 2013

         
         
                    
         
   Enlazando co Día da Paz, debido este ano á proximidade das dúas datas, o Entroido continúa coa temática das razas humanas. Por este motivo estes son os mandados para este mes de febreiro.   
   

   
 

 LUNS 4

As razas humanas
queremos irmandar, 

por iso de indios
ímonos disfrazar.
Cunha cinta e pluma na cabeza,
a cariña pintada
e xa non necesitamos máis nada.

 

 
 

MARTES 5
 As razas humanas
queremos irmandar,
dende a lonxana China
ao Colexio Isaac Peral.
Coa pel amarela, gorriño e coleta
e ollos rasgados
se así che peta.

 
 

 

MÉRCORES 6
 As razas humanas
queremos irmandar
e dende o deserto
acabamos de chegar.
Cun pano cubrímonos a testa,
e unha túnica
dende os pés ata a cabeza.

   
 

XOVES 7
 As razas humanas
queremos irmandar,
por iso a raza negra
queremos lembrar.
Perrucas de rizos podemos levar,
tinguidos de negro,
bailando ao compás.

 


 
  Todas as fotos dos mandados premendo na imaxeFotos mandados  
 

 

 
 

Desfile, degustación de produtos típicos, baile....

PARA ACCEDER ÁS FOTOGRAFÍAS DO VÍDEO PREMER

 
 

 

 

CELEBRACIÓN DA PAZ 2013

 

                             

 
  O  DÍA 30  DE  XANEIRO  CELEBRAMOS  O  DÍA  DA  PAZ  
 

O día 30 de xaneiro celebraremos no noso centro o día da Paz, pero non só para ese día están programadas actividades para conmemorar esa data tan significativa, senón que xa comezamos coa organización desa celebración. Entroutras actividades iniciais están propostas a decoración do colexio, lectura de libros relacionados coa Paz, teatro de títeres subvencionado pola ANPA.... Especialmente pedimos a colaboración das familias para poder realizar no noso centro unha carreira solidaria o día da Paz, que require unha colaboración económica voluntaria. Para ter máis información desas actividades hai que premer na imaxe.

OS NENOS E NENAS DO DESERTO DE SAHEL NECESÍTANNOS!


 
   CONTOS PARA A PAZ  
 

Aquí tedes unha pequena recompilación de contos relacionados coa Paz que podedes atopar na nosa biblioteca

 

 

Premendo na imaxe accederedes a máis libros sobre a Paz que atoparedes na nosa biblioteca

 
 

Premendo aquí accédese a unha recompilación de recursos e actividades para a conmemoración do

día da PAZ

 
     
  E chegou o día.... e así celebramos a PAZ  
 

 

Pódense atopar as fotografías na nosa galería de imaxes

A recadación feita polo centro na carreira pola Paz foi de 687,28 €.

Este diñeiro será enviado aos nenos e nenas do deserto de Sahel para que superen a desnutrición e que as súas familias poidan loitar contra a fame.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN!

 
     

Nadal 2012

            
 
   
                 
                   
  A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  DO  CEIP  ISAAC  PERAL  DESÉXALLES  FELICES  FESTAS
 

 

 

 

Para descargar as imaxes da presentación e outras fotografías de grupos premer na imaxe 

   
                 
 

   AS  NOSAS  PANXOLIÑAS    

 
 

Estas son as panxoliñas que o noso alumnado practicou coas súas profes ou coa profe de música Mª Carmen.

Aquí están os nosos pequenos nenos e nenas cantores...

      
     

 

 

 

 

 

 

 

 De especial mención é a panxoliña de 4º de primaria que se presentou ao concurso da radio "Bos días Javi Nieves" e quedou no segundo lugar.

Noraboa ao alumnado e a profe de música.


 

 

 

 

 

 

 

       
         Descargar letra da panxoliña          
                   
                
           
         LIBROS PARA NADAL      
         Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca      
         
         Premendo na imaxe  poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca      
                   
     

 GUÍA DE LECTURA NADAL 2012

       
       

 Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca

         
     
 
 
     
                   
                   
    ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO
     
   

Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Elixiuse unha postal por clase e unha por ciclo. Premede na presentación e poderedes ver as postais.

     
   

 

 

 


 

       
           
   

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
   

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
   

Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.


     
   

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                 
    XA VEÑEN OS REIS
   
   

E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas:

"A VISITA DOS REIS MAGOS"

Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes!

OS REIS MAGOS NO ISAAC PERAL - NADAL 2012

  Premendo na imaxe accédese ás fotos

onde se poden descargar


   
                 
   

Estaremos de vacacións dende o venres 21 de decembro ata o luns 7 de xaneiro ámbolos dous incluisive.

  As clases comezarán o martes 8 de xaneiro no horario habitual  

   
                             
   

       

   

Powered by Drupal - Design by artinet