ENTROIDO 2013

         
         
                    
         
   Enlazando co Día da Paz, debido este ano á proximidade das dúas datas, o Entroido continúa coa temática das razas humanas. Por este motivo estes son os mandados para este mes de febreiro.   
   

   
 

 LUNS 4

As razas humanas
queremos irmandar, 

por iso de indios
ímonos disfrazar.
Cunha cinta e pluma na cabeza,
a cariña pintada
e xa non necesitamos máis nada.

 

 
 

MARTES 5
 As razas humanas
queremos irmandar,
dende a lonxana China
ao Colexio Isaac Peral.
Coa pel amarela, gorriño e coleta
e ollos rasgados
se así che peta.

 
 

 

MÉRCORES 6
 As razas humanas
queremos irmandar
e dende o deserto
acabamos de chegar.
Cun pano cubrímonos a testa,
e unha túnica
dende os pés ata a cabeza.

   
 

XOVES 7
 As razas humanas
queremos irmandar,
por iso a raza negra
queremos lembrar.
Perrucas de rizos podemos levar,
tinguidos de negro,
bailando ao compás.

 


 
  Todas as fotos dos mandados premendo na imaxeFotos mandados  
 

 

 
 

Desfile, degustación de produtos típicos, baile....

PARA ACCEDER ÁS FOTOGRAFÍAS DO VÍDEO PREMER

 
 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet