|
||||||
CAMPAÑA DE FOMENTO DO RECICLADO |
||||||
Todos somos conscientes da inxente cantidade de residuos de todo tipo que xeneramos e do prexudiciales que resultan para o medio ambiente. Por iso o centro promove dende hai anos a recollida selectiva de papel, plástico e residuos orgánicos. Pero agora queremos dar un paso máis: queremos promover tamén a recollida selectiva e o reciclado de cartuchos de impresoras, toner e telefónos móviles, obxectos que teñen un alto poder contaminante. Por este motivo, na entrada do centro pódense atopar dous contenedores de cartón no que se poden depositar no máis grande os residuos dos consumibles informáticos, e no máis pequeno os móbiles en desuso. BRÉTEMA TRATAMENTO DE RESIDUOS é a empresa que se vai ocupar da recollida dos mesmos. Este é un xeito de concienzar aos nenos e nenas desde pequenos e de implicalos na conservación do planeta. Informámoslles tamén de que o centro dispón de contenedores para a recollida de pilas de todo tipo. |
||||||