Skip to Content

Weblog

MOI BEN ACOMPAÑADOS!

     O mércores, día 11 de febreiro, a escritora Blanca Álvarez González visitou o cnetro educativo Gregorio Sanz de Ribadeo para falarlles aos alumnos/as de sexto curso de primaria do seu libro "Caracoles, pendientes y mariposas" co que gañou o premio Ala Delta.


     O acto comezou ás doce do mediodía e rematou a unha. Nel houbo unha pequena presentación por parte dunha compañeira da clase  e Blanca, como viu que todos os nenos e nenas levaban papel e lapis, dixo unha breves palabras e todos nós levantamos a man para comezar o turno de preguntas.


     Nesa pequena entrevista que fixeron os nenos e nenas Blanca asegurou que " poeta nácese e o escritor faise" e que é moi difícil escribir para os nenos porque " son nenos pero non son tontos".


     Poucos minutos antes da unha, Blanca, firmou dous autógrafos (un para cada clase) e neles fixo unha pequena dedicatoria e un debuxo dun sapo.


     Na miña opinión, Blanca é moi boa persoa, e resolveu as dúbidas de todos nós dunha forma moi especial.


 Inés Echevarría García ( 6º A )

VISITA ... AO NOSO PASADO!

Onte,  nós, os nenos e nenas de 6º curso do colexio "Gregorio Sanz" fomos visitar "Nosa señora das Virtudes da Ponte" en Arante, Ribadeo, para coñecer a nosa historia e como os nosos paisanos armados con simples ferramentas agrícolas derrotaron ao sofisticado exército de Francia, daquela o máis poderoso do mundo. A nosa guía, Begoña, soubo explicarnos como no santuario hai pinturas para expresar o que os curas querían dicir.


Na miña opinión foi unha visita moi interesante e síntome orgullosa de como nós armados co que tiñamos a man derrotamos aos ben armados franceses.


 


M ª Eugenia González de Sela Alonso ( 6º A)


 

ALIMENTACIÓN SANA

 


                                               E.I. 3 anos


Neste segundo trimestre tratouse de incentivar nos nenos e nenas de tres anos unha alimentación máis saudable fomentando neles o consumo de froita. Con este fin fíxose na aula unha macedonia de froitas que os nenos comeron con moito entusiasmo.


Máis froita e menos chupetadas...., esperamos que os pais secunden esta iniciativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut