Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

CALENDARIO PUBLICACIÓNS LISTAXES

  • LISTAXE PROVISIONAL: 3 DE XULLO
  • RECLAMACIÓNS: 4 E 5 DE XULLO
  • LISTAXE DEFINITIVA: 8 DE XULLO
  • RECOLLIDA DE VALES: 9 E 10 DE XULLO

 

 A publicación das listaxes farase no taboleiro de anuncios interno ao centro, seguindo o Protocolo de Protección de datos persoais. As familias que realizaron a solicitude a través da Chave 365 ou con certificado dixital poderán consultalas telemáticamente.

Non se facilitará información telefónica pola Lei de Protección de Datos.

Farase entrega dos libros adxudicados no Fondo Libros para os cursos de 3º e 4º de Primaria nos primeiros días de clase.

 

Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de xuño de 2024 (este incluido)

Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou na aplicación fondolibros

Anexo I e II

Beneficiarios:

- No Fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de Ed. Primaria( (xa que no noso centro 5º e 6º teñen E-Dixgal)

- As axudas para a adquisición de libros de texto están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria e en Ed. Especial.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado matriculado en Ed. Primaria.

Documentación:

- Solicitude (Anexo I)

- Anexo II ( (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- Dependendo de cada situación persoal poderase aportar máis documentación.

Para máis información:

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Aplicación Fondolibros

 
 
 
 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025

 

En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal a unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade de fillos que convivan co pai ou coa nai. NO CASO DE CUSTODIA COMPARTIDA COMPUTAN OS DOUS. 

O mesmo criterio aplicarase nas parellas de feito.

Aquelas familias que xa formalizaran a solicitude poderán pasar pola secretaría do centro para correxir a solicitude de comedor.

No enlace anterior figura a correción das páxinas 27 e 28 da Instrucción 1/2024 de comedor xestión directa curso 2024/25

INSTRUCIÓNS NOVA MATRÍCULA

O alumnado que se matricule por primeira vez no centro deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de XUÑO na secretaría do centro, en horario de 9:30 a 14:30.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  1. Impreso da matrícula debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  2. Certificado de convivencia municipal onde figuren todos os membros da unidade familiar.
  3. Fotocopia do Libro de Familia (follas nai/pai e alumno/a)
  4. Fotocopia da Tarxeta sanitaria.
  5. 2 fotografías tamaño carnet.
  6. Informe médico onde conste que, dende o punto de vista sanitario o/a Alumno/a atópase en condicións de matricularse nun centro ordinario.
  7. Fotocopia da Cartilla de vacinas.
  8. En caso de separación ou divorcio presentar copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

OUTROS DOCUMENTOS:

 

En caso de uso de TRANSPORTE ESCOLAR dependente da Xunta:

 

En caso de uso de COMEDOR ESCOLAR:

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar o día do medio ambiente, 5 xuño, publicamos o noso segundo programa especial sobre as fontes de Ribadeo e as súas parroquias que elaborou o alumnado de educación primaria.
Coidar do medio ambiente é un traballo en equipo que debemos levar a cabo todo o ano.
Coidemos do noso medio os 365 días do ano!!

ENLACE AO PROGRAMA

https://drive.google.com/file/d/1Cv9CD0fZpk4aqG8pRJpI_Ogq2Pdm_IPM/view?usp=drivesdk

LETRAS GALEGAS 2024

AS LETRAS GALEGAS NA NOSA ESCOLA RECORDANDO A LUÍSA VILLALTA

 

 

VER IMAXES 

Distribuir contido


by Dr. Radut