Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO

Na seguinte ligazón teñen o ANEXO II . Solicitude de admisión.

Días non lectivos autorizados

O centro ten autorizados os días:

20 de marzo e 4 de maio de 2020.

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

O centro educativo ten autorizado o venres,

día 20 de marzo de 2020 como día non

lectivo, o prazo para a presentación

presencial de solicitudes no centro de

primeira opción prorrogase automaticamente

ata o día lectivo inmediato seguinte, 23 de

marzo de 2020, segundo o regulado no

artigo 18 da Orde do 12 de marzo de 2013.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2020-2021

Comeza o prazo de admisión de alumnado en centros docentes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión ( Anexo II) abranguerá do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

No caso do noso centro, por ser día non lectivo o 20 de marzo, o prazo para presentar no centro de forma presencial, rematará o luns 23.

Importante: Na sede electrónica o último día é o día 20.

As instancias presentadas entre o 21 de marzo e o 15 de maio, ambos incluídos, serán consideradas fóra de prazo.

As vacantes serán publicadas no taboleiro do centro antes do 1 de marzo.

A solicitude de admisión (procedemento ED550B) poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser descargada e cumprimentada de forma manual polas familias.

Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou solicitar unha copia no centro.

Documentación  necesaria:

- Fotocopia do libro de familia ( páxina onde figura inscrito o neno ou nena) ou fotocopia do DNI.

-  Fotocopia dos DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, no caso de opoñerse á consulta de datos.

-  Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

- Documentación pertinente no caso de solicitude de praza de neae.

- Alumnado doutros centros: ademais da documentación anterior,   certificado de matrícula do centro de procedencia.

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Información sobre o proceso de reserva de praza en centro de adscrición.

O día 1 do próximo mes de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/2021.

O emprego da aplicación admisionalumnado é totalmente opcional para as familias.

A través desta ferramenta as persoas interesadas poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de praza ou de admisión, presentar a solicitude de reserva ou de admisión de forma electrónica (acompañada de copias en soporte electrónico da documentación), así como consultar o estado de tramitación da súa solicitude.

Xestión da solicitude de reserva de praza para o IES de Pastoriza para o alumnado de 6º do noso centro.

Familias :

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores e enviadas polo alumnado) ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes – Reserva – Crear

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento AdministrativoComún, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Prazo de solicitudes: Do 1 ao 17 de febreiro

As dúbidas da familia serán resoltas polos centros educativos.

As solicitudes de admisión son do 1 ao 20 de marzo de 2020.

ALERTA DE NIVEL LARANXA PARA XOVES 16

Novas: Alerta laranxa

Novas: Arranxos no centro

O Concello de Arteixo subsanou as deficiencias do tellado do centro durante as vacacións de Nadal.

Moitas grazas!

 

FELICITACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut