Skip to Content

Secretaría

ENTREGA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS ÁS FAMILIAS DE 6º

ENTREGA: días 6 e 7 de xullo

NO HORARIO: 9.00 a 10.00/ 13.00 a 14.00 horas

As familias do alumnado de 6º deberán acudir ao centro persoalmente os días 6

e 7 de xullo para retirar o historial académico e asinar o recibín correspondente.

ORDE do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tras rematar a etapa, o historial académico de educación primaria entregaráselles aos pais, ás nais ou ás persoas que exerzan a titoría legal do alumno ou da alumna. Enviarase unha copia deste ao centro de educación secundaria en que prosiga os seus estudos o alumno ou a alumna, por pedimento do centro de educación secundaria .

 

 

O equipo directivo

MATRÍCULA CURSO 2020-2021 PARA NOVO ALUMNADO

PRAZO DE MATRÍCULA: 1 ao 10 de xullo

en horario de 10.00 a 13.00 horas con cita previa

Teléfono para pedir cita 881880903.

Documentación:

- Anexo III

- Solicitude de transporte, se é o caso. Excepcional alumnado de infantil procedente de Vilarrodís e Pastoriza.

- Enquisa sobre a  lingua materna para 4º de infantil.

- Certificado de empadroamento expedido polo Concello. Importante ver páxina web do concello de Arteixo para  saber como tramitar o certificado.

Documentación complementaria:

- 5 fotos tamaño carné co nome e apelidos por detrás.

- Fotocopia  folla de vacinas.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

Nos adxuntos teñen a documentación.

 

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS

AVISO:

As cualificacións da avaliación final publicaranse

na aplicación abalarMóbil o venres día 19 ás 10.00

horas.

 

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

 Pica aquí.Libros.

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido.

Solicitudes admitidas: 4º de educación infantil e 1º de educación primaria.

Solicitudes non admitidas: 5º de educación infantil e 5º de educación primaria.

As solicitudes non admitidas envíanse á inspección educativa.

 

RECOLLIDA DE MATERIAIS DE 5º e 6º de PRIMARIA

Calendario e horario para pasar as familias polo centro.

 

1. Xoves 18 de xuño, 5º de E. Primaria en horario de 9.30 a 13.00 horas.

Nota:

O alumnado de 5º continúa no vindeiro curso 2020-21 en 6º co Proxecto

E-Dixgal  polo que poderá dispoñer do equipo durante o período estival,

facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo

curso co material en perfectas condicións.

 

2. Venres 19 de xuño, 6º de E. Primaria en horario de 9.00 a 14.00 horas.

En 6º de Educación Primaria as actuacións son:

1. Devolución do portátil E-dixgal, cargador e maletín limpos. Sinatura da

devolución.

2. Recollida dos materiais do alumnado.

3. Entrega do Diploma de Educación Primaria e sobre de matrícula para o instituto.

As pautas de acceso ao centro seguen sendo as mesmas:

Acceso, 1 soa persoa ás aulas.

Uso de mascarilla.

Seguir as indicacións da persoa de conserxería.

Respectar a distancia de seguridade.

Uso de xel hidroalcólico ao entrar.

 

Nota:  A recollida farase por orde de chegada.  De non poder vir o pai ou a

nai, deben autorizar ao outra persoa para realizar os trámites e a recollida

de material.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!

O equipo directivo

 

 

DEVOLUCIÓN DOS NETBOOKS ( portátiles) EN CALIDADE DE PRÉSTAMO DEBIDO A SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS

Aviso ás familias de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º:

As familias que tiveron en calidade de préstamo ordenadores do centro ( netbooks e cargador), debido a situación producida polo COVID-19, deberán proceder a súa devolución o,

Venres 19, en horario de 10.30 a 12.30 horas na biblioteca do centro.

Grazas pola colaboración.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN FÓRA DE PRAZO 2020-2021

COMUNICAMOS, seguindo as instrucións da inspección educativa,  que as solicitudes fóra de prazo desde o 19 de maio ao 26 de xuño, inclusive, deben presentarse exclusivamente no centro no que se desexe a admisión, xunto coa documentación requerida.

O centro rexistrará a solicitude e Inspección educativa de Arteixo, procederá cando corresponda á adxudicación de posto escolar para o vindeiro curso.   A asignación do posto escolar é realizada por rigoroso orde de data e hora de rexistro de entrada da solicitude no centro e despois das asignacións pendentes de posto escolar dos solicitantes en prazo.

IMPORTANTE cubrir con claridade os datos da solicitude, enderezo, teléfonos e incluír correo electrónico,onde se é o caso se lle remitirá a resolución da solicitude.

Xunto coa solicitude debe acompañarse:

  • Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno ou alumna ou copia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.
  • Certificación do último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.
  • Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
  • Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno ou alumna solicitante.

 Modelo en formato word da solicitude.  No adxunto.

NOVAS: 2ª QUENDA DE RECOLLIDA DO MATERIAL DAS AULAS

En vista de que hai familias que non puideron pasar a recoller os materiais informamos que programamos unha segunda quenda de recollida:

para Infantil, 2º, 3º e 4º de Primaria

Venres 12 de xuño en horario de 9.30 a 12.00 horas.

Importante, se non puideran vir autoricen a outra persoa para que pase polo centro e faga a recollida. De non ser así quedarían para setembro. A entrega faraa o conserxe.

Os materiais de 5º: xoves 18 de xuño.

Os materiais de 6º : venres 19 de xuño.

O venres 19 de xuño devolveranse tamén os netbooks do centro prestados ás familias.

Terán máis información dos cursos de 5º e 6º ao longo destes días.

As normas de acceso seguen vixentes.

1.  Vir unha persoa soa.

2.  Utilizar mascarilla.

3.  Seguir as indicacións da persoa de conserxería

4.  Respectar a distancia  de seguridade.

5. A recollida farase por orde de chegada e na entrada.

 Moitas grazas pola colaboración.

RECOLLIDA DE MATERIAL E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO ( 3º e 4º )

 Estimadas familias:

Debido ás circunstancias nas que nos atopamos e xa que estamos na Fase 2, establécese un protocolo para a entrega do material que o alumnado ten non centro.

 As familias deberán:

 1.     Vir unha persoa soa.

 2.     Se  non puidesen vir  persoalmente poden autorizar a outra  persoa.

 3.     Utilizar máscara.

 4.     Seguir as indicacións da persoa da conserxería.

 5.     Respectar a distancia  de seguridade.

 6.     A recollida farase por orde de chegada.

 Lugar de entrega:

 -       Nas propias aulas.

 -       Acceso pola porta lateral dereita da entrada ao centro.

  Calendario de entrega:

No que repecta a 3º e 4º, hai que traer os libros do Fondo Solidario.

Os libros de texto de primeiro quedarán no colexio ata setembro. As titoras consideran que é mellor que desde o primeiro día, os rapaces conten con este material para repasar, ampliar coñecementos e dar contidos que quedaron sen traballar.

Nos vindeiros días, publicarase a organización para o reparto do material de 5º e 6º de Educación Primara.

Un saúdo

Ante calquera dúbida, poden contactar co seu titor ou titora.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut