Skip to Content

Secretaría

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE SEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)

 

Estimadas familias,

 

Durante este curso aumentou o número de alumnado por aula, polo que, desde a Consellería de Educación, habilitouse unha unidade máis para o curso 2019/2020, o que supón, unha mellora na atención ao alumnado. Así, este ano, contaremos con dúas aulas de sexto de Educación Infantil.

Por este motivo, redistribuíronse a listaxe do alumnado de acordo aos criterios establecidos no centro: orde alfabética, paridade, atención ao alumnado con necesidades educativas e separación de xemelgos.

 

Atentamente

O Equipo Directivo

 

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA

 

Estimadas familias,

 

Durante este curso aumentou o número de alumnado por aula, polo que, desde a Consellería de Educación, habilitouse unha unidade máis para o curso 2019/2020, o que supón, unha mellora na atención ao alumnado. Así, este ano, contaremos con tres aulas de 2º de Educación Primaria.

Por este motivo, redistribuíronse as listaxes do alumnado de acordo aos criterios establecidos no centro: orde alfabética, paridade e atención ao alumnado con necesidades educativas.

 

Atentamente

O Equipo Directivo

 

 

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA

 

Estimadas familias,

 

O curso comeza o próximo mércores día 11 de setembro. Poden acompañar aos seus fillos e fillas ao centro o primeiro día de clase. Serán recibidos polo profesorado na biblioteca e poderán subir ás aulas. 

 

A continuación, ao redor das 9:45h, terá lugar unha sesión informativa, na biblioteca, para todas as familias de 1º de Educación Primaria, para comunicarlles que o centro ten concedida a sección Bilingüe na área de Plástica neste curso.

 

Rogamos a súa asistencia.

                                    

Atentamente

O Equipo Directivo

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019-2020

 

 

CONMEMORACIÓNS

  • 20 de novembro: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Do 2 ao 9 de decembro: Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía.
  • 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
  • 10 de decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro: Día escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo: Día Internacional da Muller.15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 9 ao 13 de marzo: Semana da Prensa.Un día desta semana traballarase con xornais.
  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde.
  • Entre o 20 e o 24 de abril: Semana do Libro.
  • 2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
  • 9 de maio: Día de Europa.
  • Do 11 ao 15 de maio: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

 

 

AVISO DE ÚLTIMA HORA PARA AS FAMILIAS DE 3º

Aviso importante para as familias que non consiguen os 2 libros de 3º de Primaria.

 

Por problemas de reedición dos libros de lengua castellana e matemáticas de 3º pola

editorial, estes libros xa non se reeditan. É moi difícil ou case imposible conseguilos.

O centro, as familias e librarías temos esta información.

 

Os libros e materiais didácticos dos diferentes niveis teñen 6 anos de permanencia según a

normativa vixente. Corresponde proceder a unha nova elección dos materiais de 3º o

vindeiro curso. Este curso non se podían cambiar.

  

Ante este problema, que non se nos confirmou ata fai uns días, o centro fixo un novo reconto

de existencias. Algunhas son donacións de finais de curso...

Observouse que temos existencias suficientes para entregar ás  familias da listaxe do

fondo e a maiores, ao resto de familias que non os teñen.

 

Polo que tomamos a decisión de facilitar (en calidade de préstamo) estes libros con

carácter excepcional ao resto de alumnado que non é do fondo solidario.

 

O día 9 de setembro farase a entrega. Despreouparse por estes dous libros. Evidentemente

 o resto dos libros hai que mercalos.

 

Sen máis. Desculpar as molestias ocasionadas. Entendemos que queda todo claro.

O 2 de setembro o centro volve a estar aberto. Chamar ou pasar ante calquera dúbida.

 

Galán-Oseiro, 23 de xullo de 2019

O Equipo Directivo

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO 2019-2020

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS COS LIBROS

 Nota: Máis 1 libros de adquisición complementaria. O número mínimo de libros complementarios está limitado polas materias con libro. En 3º son 5 materias con libro ( ver listaxe de libros ).

LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUÍDOS

CORRECIÓN ISBN DO LIBRO DE MATEMÁTICAS DE 2º DE PRIMARIA.

MATE+ 2º.  Ed. Santillana. ISBN:9788468025452

O equipo directivo.

ACLARACIÓNS ANTE PREGUNTAS SOBRE O FONDO SOLIDARIO

 FONDO DE LIBROS

1. Entrega de libros do fondo de 3º e 4º de Primaria: 9 de setembro de 9.00 a 11.00h

2. Donde? Nas respectivas aulas de 3º e 4º. Fai entrega o profesorado titor. Listaxe cos grupos no taboleiro do centro.

3. Quen recolle os libros? As familias ou representantes legais. Artigo 22 da Orde do 3 de maio de 2019.

 En EP (3º, 4º, 5º e 6º), o centro poderá entregar os libros de texto asignados a cada alumno/a o día que publique a súa listaxe definitiva ou o día seguinte; tamén poderá pospoñer a entrega ata o inicio do curso.

 En ESO (1º, 2º, 3º e 4º), o centro entregará os libros a partir do 16 de setembro de 2019 e, en todo caso, antes do 27 de setembro.

" En ambos os casos, no momento da entrega dos libros de texto, o centro docente xerará a través da aplicación informática Fondolibros un documento de «entrega», que terá a sinatura da persoa titular da dirección, o selo do centro e a sinatura do representante legal do alumnado, ao cal se lle entregará unha copia "

4. O prazo de solicitude para estas axudas rematou o 21 de xuño.

5. Publicación da listaxe definitiva o luns 15. Listaxe cos libros que adxudica a aplicación a cada alumno e alumna.

O equipo directivo. Un saúdo

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS 2019-2020

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS

Prazo de reclamación 2 días, 9 e 10 de xullo.

Listaxe definitiva, 15 de xullo.

ENTREGA DE VALES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL

 

Días 8 e 9 de xullo en horario  de 9.30 h a 12.30 h.

Entrega á persoa solicitante.

Deben achegar copia da solicitude.

De non ser a persoa solicitante, cunha autorización escrita, asinada e DNI.

Os vales non recollidos entregaranse en setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut