Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2020-2021

Comeza o prazo de admisión de alumnado en centros docentes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión ( Anexo II) abranguerá do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

No caso do noso centro, por ser día non lectivo o 20 de marzo, o prazo para presentar no centro de forma presencial, rematará o luns 23.

Importante: Na sede electrónica o último día é o día 20.

As instancias presentadas entre o 21 de marzo e o 15 de maio, ambos incluídos, serán consideradas fóra de prazo.

As vacantes serán publicadas no taboleiro do centro antes do 1 de marzo.

A solicitude de admisión (procedemento ED550B) poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser descargada e cumprimentada de forma manual polas familias.

Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou solicitar unha copia no centro.

Documentación  necesaria:

- Fotocopia do libro de familia ( páxina onde figura inscrito o neno ou nena) ou fotocopia do DNI.

-  Fotocopia dos DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, no caso de opoñerse á consulta de datos.

-  Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

- Documentación pertinente no caso de solicitude de praza de neae.

- Alumnado doutros centros: ademais da documentación anterior,   certificado de matrícula do centro de procedencia.



story | by Dr. Radut