Skip to Content

Convivencia

AS NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO

Estimadas familias,

Queremos recordarvos a importancia de seguir as normas de convivencia do noso centro para garantir un ambiente respectuoso no que todas e todos se sentan ben.

Está en galego e en castelán. Serve de información a todas as familias e, en concreto, para as familias recén chegadas de nova incorporación ao noso centro.

Agradecemos a vosa colaboración para manter un clima escolar de convivencia positiva e constructiva.

Publicamos tamén os dereitos e deberes do alumnado, do profesorado e das familias.

 

 

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2024/2025

A Delegación do Goberno en Galicia anuncia que durante todo o curso 2024-2025 volven estar dispoñibles para centros educativos e AMPAS-AFAS, charlas impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Este Plan contempla, entre outras accións, formacións que versan sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación ou a prevención dos delitos sexuais.

A Alta Inspección de Educación, coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, coordina o Plan Director, que neste curso amplía a oferta de charlas formativas e informativas destinadas ao alumnado e profesorado, poñendo énfase na prevención da violencia sobre a muller e as actitudes discriminatorias por razón de xénero. Trátase tamén de seguir incrementando o número de familias asistentes ás charlas, con novos formularios de solicitude e accións destinadas a seguir aumentando a participación.

Para poder participar a ANPA anéxase a seguinte documentación no adxunto.

Solicitude ANPA

Carta do Delegado

Instrución Nº6/2023 da Secretaría do Estado de Seguridade

Datos de contacto

 

EQUIPO ACAE

Xa temos nomeado o equipo ACAE, (Actuación  Contra o Acoso Escolar).

Directora: Mª Concepción Sánchez Vaamonde

Xefa do Departamento de Orientación/ Coordinadora do benestar emocional: Clara Cabello Gálvez

Titora: Silvia Vázquez García

NAVEGA CON RUMBO. ORIENTACIÓNS ALUMNADO E FAMILIAS.

O alumnado de quinto de primaria recibiu unha charla informativa do Programa Navega con Rumbo, programa da Consellería.

Adxúntanse unhas guías para dxuntar unhas guías para Alumnado, Familias e Profesores que forman parte tamén de Navega con Rumbo.

Tamén se adxunta un cartaz con número de axuda 017.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA CONTORNA

O xoves día 15 de febreiro deron comezo as primeiras xornadas formativas para o alumnado de quinto de educación primaria, o venres 16 serán para o alumnado de sexto.

A temática para quinto foi sobre o acoso esccolar e ciberacoso. Fíxose fincapé na violencia que está presente en moitos vídeoxogos. Explicouse o que é o acoso, o ciberacoso, o hater...Os  comportamentos desagradables entre compañeiros e compañeiras, como poñer motes, rirse de alguén, insultar, acusar, burlarse, aislar, contar mentiras...son actitudes contrarias a convivencia. O alumnado participou activamente na sesión.

A temática para sexto xirou sobre a violencia de xénero.

Vindeiras sesións:

Para 6º de educación primaria, 6 de maio de 2024. Temática: Adicións, xogos e protección de datos.

Para 5º de educación primaria, 7 de maio de 2024. Temática: Odio e discriminación.

Para as familias: 4 de marzo de 2024. Hora: 16.30 horas nas dependencias do centro. Temáticas: Novas tecnoloxías e ciberseguridade, adicións, drogas, apostas e bebidas enerxéticas.

SESIÓN FORMATIVA

Sesión formativa sobre seguridade e protección de datos persoais para centros educativos e ANPAs.

O formato da actividade será en liña, cunha duración de 70 minutos.

Data: 23 de xaneiro de 2024
Hora: 17:30 h

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:

https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2925197

 

Resolución definitiva do Programa educativo “Navega con Rumbo”

Resolución definitiva do programa Navega con Rumbo ( páxina 13)

Somos centro seleccionado. O programa vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e familias.

Construímos unha mellor convivencia

Comezamos a nosa andaina en prol da convivencia coñecendo os dereitos e deberes da comunidade educativa:

Dereitos e deberes do alumnado

Dereitos e deberes das familias

Dereitos e deberes do profesorado

Díptico de normas de transporte (Novo)

 

A comisión de convivencia do centro

O alumnado de sexto de primaria, dous alumnos ou dúas alumnas  de cada clase, encargaranse de explicar ao resto de nenos e nenas as normas de como ir no transporte escolar e farán entrega do díptico de transporte a cada aula.

Esta actividade levarase a cabo durante a xornada lectiva antes e despois do recreo na vindeira semana. A actividade é supervisada por un membro da comisión de convivencia do centro.

Moitas grazas, seguimos fomentando convivencia positiva

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS

A Asociación O Grilo a través da ANPA Manuel Murguía participa na recollida de produtos para o pobo ucraníano.

O centro colabora nesta campaña e haberá un punto de recollida. Será en principio ata o mércores día 16 de marzo.

Moitas grazas,

 

O CONCELLO ENTREGA UN EXEMPLAR DE OS BOLECHAS VISITAN O CIM DE ARTEIXO

No día Internacional da Muller, o Concello de Arteixo, o CIM fai entrega dun exemplar de Os

Bolechas visitan o CIM de Arteixo ao alumnado de 4º educación infantil. Teredes as fotos na

galería.

Entrega a concelleira Inés Ramos.

Distribuir contido


by Dr. Radut