Skip to Content

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA CONTORNA

O xoves día 15 de febreiro deron comezo as primeiras xornadas formativas para o alumnado de quinto de educación primaria, o venres 16 serán para o alumnado de sexto.

A temática para quinto foi sobre o acoso esccolar e ciberacoso. Fíxose fincapé na violencia que está presente en moitos vídeoxogos. Explicouse o que é o acoso, o ciberacoso, o hater...Os  comportamentos desagradables entre compañeiros e compañeiras, como poñer motes, rirse de alguén, insultar, acusar, burlarse, aislar, contar mentiras...son actitudes contrarias a convivencia. O alumnado participou activamente na sesión.

A temática para sexto xirou sobre a violencia de xénero.

Vindeiras sesións:

Para 6º de educación primaria, 6 de maio de 2024. Temática: Adicións, xogos e protección de datos.

Para 5º de educación primaria, 7 de maio de 2024. Temática: Odio e discriminación.

Para as familias: 4 de marzo de 2024. Hora: 16.30 horas nas dependencias do centro. Temáticas: Novas tecnoloxías e ciberseguridade, adicións, drogas, apostas e bebidas enerxéticas.



page | by Dr. Radut