Skip to Content

Convivencia

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ. O POTE DA PAZ

 

O NOSO MURAL DO 25N

UN DÍA MOI ESPECIAL! 25 N CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA.

Co gallo da celebración do 25 N, Día Internacional contra a violencia de xénero, no CEIP de Galán o xoves 25 levouse a cabo a CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA.

Todo o alumnado dende educación infantil ata sexto de educación primaria quedou vacinado contra a violencia de agora en adiante para actuar con  tolerancia e respecto cara aos demais.

As persoas responsables da vacina foron a mestra Loli, “ Xefa de enfermería”, e o mestre Miguel, “ Técnico auxiliar”  quenes pasaron a vacinar polas aulas.

A vacina consistiu na entrega dun lazo de cor morado a cada alumna e a cada alumno xunto co certificado da vacina que levaron ás súas casas.

 

A medida que se iban vacinando o alumnado solicitaba: Quero a receita da vacina, por favor, para levarlla á miña familia!

Os nenos e nenas desfrutaron do día cunha vacina diferente a que están acostumados.

Un día especial construíndo unha mellor convivencia!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Día Mundial da Infancia.

O 20 de novembro celebrouse o Día Mundial da Infancia porque marca a data na

que a Asamblea de Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en

1959 e a Convención dos Dereitos do Neno no ano 1989.

Foi un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

Aquí vos deixamos unha das actividades, os dereitos en estrofas.

 

PARTICIPACIÓN E BENESTAR NA COMUNIDADE EDUCATIVA

NÉLIDA ZAITEGUI
Mestra, pedagoga, inspectora educativa e, sobre todo, experta en mellorar a convivencia e a colaboración nos centros educativos.

Obradoiro con familias, no Centro Cívico de Arteixo o vindeiro mércores día 17 de novembro.

Máis información e inscrición, picade aquí e vedes o díptico.

 

O equipo directivo

Normas de aula en collage

Distribuir contido


by Dr. Radut