Estimadas familias:
Debido ás circunstancias nas que nos atopamos e xa que estamos na Fase 2, establécese un protocolo para a entrega do material que o alumnado ten non centro.
As familias deberán:
1. Vir unha persoa soa.
2. Se non puidesen vir persoalmente poden autorizar a outra persoa.
3. Utilizar máscara.
4. Seguir as indicacións da persoa da conserxería.
5. Respectar a distancia de seguridade.
6. A recollida farase por orde de chegada.
Lugar de entrega:
- Nas propias aulas.
- Acceso pola porta lateral dereita da entrada ao centro.
Calendario de entrega:
No que repecta a 3º e 4º, hai que traer os libros do Fondo Solidario.
Os libros de texto de primeiro quedarán no colexio ata setembro. As titoras consideran que é mellor que desde o primeiro día, os rapaces conten con este material para repasar, ampliar coñecementos e dar contidos que quedaron sen traballar.
Nos vindeiros días, publicarase a organización para o reparto do material de 5º e 6º de Educación Primara.
Un saúdo
Ante calquera dúbida, poden contactar co seu titor ou titora.