Skip to Content

ALIMÉNTATE BEN

Estimadas familias,

Como ben sabedes, o colexio participa nun dos programas do Plan Proxecta ofrecidos pola Consellería de Educación, en concreto, o programa "Aliméntate ben". Grazas a el, repartimos, durante dúas semanas, diferentes froitas ao alumnado, na hora do recreo. Todo co obxectivo de fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento idóneo.

Este ano, dadas as circunstancias, non se puido levar a cabo a repartición de froita, pero si podemos desenvolver algunhas das actividades previstas no centro, en relación ao programa. Para iso, pedimos ao alumnado do CEIP de Galán a súa colaboración, contestando a enquisa que poderedes ver premendo na imaxe adxunta. Publicaremos os resultados obtidos na web.

Grazas pola vosa colaboración.

 



blog | by Dr. Radut