Skip to Content

Actividades Complementarias

VÍDEO DE DESPEDIDA DE FIN DE CURSO

Prezadas familias,

Deixámosvos un vídeo para despedir o curso. Agardamos que vos guste.

Bo verán e felices vacacións!

O Equipo Educativo do CEIP de Galán

OS INSTRUMENTOS CONFINADOS

Xa está aquí a tradicional exposición de instrumentos con material de refugallo!

Este ano en versión confinada. Moitas grazas polo voso esforzo, fixestes un gran traballo.

Montaxe: Sandra (mestra de E.Musical)

 

DESPEDIDA VIRTUAL DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ao non poder celebrarse o acto de despedida de 6º, como se veu facendo en cursos anteriores, queremos que teñades un pequeno recordo do voso paso polo colexio.

É un vídeo cheo de "maxia"  que recolle algunhas fotos da etapa de Primaria en Galán. 

Agardamos que vos guste. Desexámosvos o mellor!

Apertas virtuais!

O equipo docente de 6º do CEIP de Galán

Montaxe: Paco (mestre de E.F)

 CEIP de Galán

Xuño de 2020

FROITOLIMPÍADAS

 

Premendo na seguinte imaxe podedes ver un vídeo sobre o traballo realizado polo alumnado dentro do programa "Aliméntate ben"

ALIMÉNTATE BEN

Estimadas familias,

Como ben sabedes, o colexio participa nun dos programas do Plan Proxecta ofrecidos pola Consellería de Educación, en concreto, o programa "Aliméntate ben". Grazas a el, repartimos, durante dúas semanas, diferentes froitas ao alumnado, na hora do recreo. Todo co obxectivo de fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento idóneo.

Este ano, dadas as circunstancias, non se puido levar a cabo a repartición de froita, pero si podemos desenvolver algunhas das actividades previstas no centro, en relación ao programa. Para iso, pedimos ao alumnado do CEIP de Galán a súa colaboración, contestando a enquisa que poderedes ver premendo na imaxe adxunta. Publicaremos os resultados obtidos na web.

Grazas pola vosa colaboración.

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Moitas grazas pola vosa participación na actividade programada para as Letras Galegas. Grazas a ela, puidemos elaborar este entrañable vídeo. Agardamos que vos guste. 

LETRAS GALEGAS 2020

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do Libro, deixamos uns enlaces para que disfrutedes de lecturas en familia. Só tedes que picar nas imaxes.

       

 

Distribuir contido


by Dr. Radut