Skip to Content

Novas

Biblio: Creando comic

Continuando coas actividades de comic do terceiro trimestre fíxose na biblioteca unha actividade colaborativa. Mentres 5º e 6º debuxaban as casas para facer un comic do estilo de 13 rue del Percebe, o alumnado de 3º e 4º colleu esas casas para darlles vida.

Música: Representación do coro no Ourencanto

Nove nenos e nenas do noso coro escolar estiveron en Ourense para traballar co afamado director Josu Elberdin no certame Ourencanto.

Non podemos estar máis contentos co traballo desenvolvido a fin de semana. Sen dúbida foi duro e intenso, pero pagou a pena tanto esforzo.

Agradecemento especial ás familias que se desplazaron a Ourense para que os pequenos cantores puidesen vivir esa xenial experiencia xunto a outros 450 escolares.

Pronto estarán dispoñibles os vídeos que enlazaremos dende esta mesma páxina.

Biblio: Visita de Andrés Goteira

O pasado martes 23 de abril recibimos a visita de Andrés Goteira, o novísimo director, montador, técnico... que xa ten unha longametraxe de ficción (Dhogs) e moitos outros proxectos en marcha.

Na visita falou aos cursos de cuarto, quinto e sexto sobre o seu traballo, os premios, e sobre todo a paixón que hai que poñer nos proxectos para que se fagan realidade.

Podedes saber máis sobre Andrés na súa web: https://andresgoteira.com/2/

 

Biblio: Colaboración co IES de Meira

Estamos a traballar a poesía para dous proxectos que temos no terceiro trimestre e un deles é unha colaboración moi especial co IES Pedregal de irimia de Meira. Dese centro de secundaria recibimos unhas poesías que agora estamos traballando no noso colexio. Os primeiros en pasar polo proceso foi o alumnado de cinco anos, aos que podedes ver nas fotografías pintando a Ave Lino. Pronto veredes máis.

Extraescolares: O equipo feminino de xadrez campión comarcal

O equipo benxamín feminino de xadrez acadou o primeiro posto no campionato comarcal o pasado sábado. As pequenas campioas lograron moi boas puntuacións nas partidas finais que se desenvolveron o pasado sádado no Colexio O Pilar de Foz e conseguiron conservar a vantaxe que xa traían acumulada no resto de días de competición.

Votación xornada: O censo está exposto para consulta

AVISO

Como xa saben, o vindeiro 28 de febreiro procederase á votación sobre a nova xornada no noso centro escolar. A tal fin, e como marca a lei, xa está exposto na entrada do centro o censo de familias con dereito a voto en dita xornada. As familias poden consultar e, no seu caso, facer constar os erros ou solicitar as modificacións que lles pareza oportunas.

Biblio: Febreiro rosa

Chega aos martes o febreiro rosa. Con quen senón?

Días especiais: Día da Paz

Hoxe foi un día ben especial no colexio xa que celebramos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia.

 

Extraescolares: Festival de Nadal

Deixamos aquí unhas cantas fotografías do que foi o Festival de Nadal do pasado 21 de decembro. Como podedes ver houbo de todo: Teatro, coreografías, cancións...

Se premedes en calquera das fotos accederedes á ligazón do album completo.

Biblio / Música: Visita a Viveiro

Aproveitando a visita que o noso coro ía realizar a Viveiro o pasado 19 de decembro, todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixo unha visita a Viveiro.

Mentres o coro cantaba no Colexio de Educación Infantil San Roque, o resto de alumnado facía unha visita polos diferentes recunchos da vila, descubrindo o significado das pedras e edificios que hai no casco histórico.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut