Skip to Content

Dicionarios

Dicionarios

EDLG: apelidos máis frecuentes e corrección de formas deturpadas

Un libro cos 1.500 apelidos máis frecuentes facilita a corrección de formas deturpadas

 
 
Bermejo en lugar de Vermello, Corujo por Coruxo, Gestal por Xestal, Villarino por Vilariño ou Rajo por Raxó son só unha pequena mostra das formas deturpadas de apelidos galegos que xurdiron ao longo de cinco séculos. Co propósito de facilitar a restitución das formas correctas, a Real Academia Galega acaba de editar Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos.

Conxugador de verbos

Recursos na rede: "O Portal das Palabras"

O Portal das Palabras desenvolvido por Imaxín Software para a RAG e a Fundación Barrié, finalista dos Premios de Internet 2014 na categoría de contidos dixitais, que se darán a coñecer o vindeiro 17 de maio, día de Internet. A web, lanzada en xuño do pasado ano, está dedicada ao léxico e inclúe unha nova versión do dicionario en liña da Academia, curiosidades léxicas e contidos didácticos.

save image

 

 

save image

Bibliotecas e enciclopedias virtuais

Escolle a continuación unha das bibliotecas ou enciclopedias virtuais

Dicionarios en liña, gramáticas e cursos de galego

Pesquisa no e-Estraviz

Cursos, gramáticas e ferramentas de referencia en liña:

  • Cursos de galego en liña e materiais interesantes para preparar os distintos niveis de cursos Celga. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • Galego en liña: ferramenta para o asesoramento lingüístico, gramática, ortografía e estilo)
Subscribirse a este contido


by Dr. Radut