Un libro cos 1.500 apelidos máis frecuentes facilita a corrección de formas deturpadas
15/02/17 | Actualidade
Bermejo en lugar de Vermello, Corujo por Coruxo, Gestal por Xestal, Villarino por Vilariño ou Rajo por Raxó son só unha pequena mostra das formas deturpadas de apelidos galegos que xurdiron ao longo de cinco séculos. Co propósito de facilitar a restitución das formas correctas, a Real Academia Galega acaba de editar Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos.
O Portal das Palabras desenvolvido por Imaxín Software para a RAG e a Fundación Barrié, finalista dos Premios de Internet 2014 na categoría de contidos dixitais, que se darán a coñecer o vindeiro 17 de maio, día de Internet. A web, lanzada en xuño do pasado ano, está dedicada ao léxico e inclúe unha nova versión do dicionario en liña da Academia, curiosidades léxicas e contidos didácticos.