Irina Bokova, directora xeral da UNESCO, fixo pública a súa mensaxe institucional con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, desde que así o aprobou a UNESCO en 1999. Este ano o lema da celebración é “Educación de calidade, lingua(s) de instrución e resultados da aprendizaxe”, salientado a importancia das linguas maternas para a educación de calidade e a preservación da diversidade lingüística á hora de avanzar na aplicación da nova Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible.
Ante o tremendo éxito de crítica, público e prensa que estamos a ter desde o colexio, como agradecemento a todos os participantes na celabración do Antroido deste curso, agasallámosvos cunha nova colección de fotografías feitas polos nosos coloboradores e artista da cámara, que tamén os hai...
Este curso celebramos a festa do Magosto cunha chea de obraidoiros para, finalmente, acabar de decorar o mural que temos no vestíbulo do colexio, pero ademais... toma castaña, que ben sabían!