Un ano máis chegamos á fin dun novo curso escolar. Celebrámolo primeiro na Biblio con música, vídeos de creación propia e, despois, no patio do cole cun fato de xogos. Non houbo tempo para aburrirse!
A pasada semana celebramos o día do libro cunha festa de escritores e moita música. Case escribimos unha novela enteira entre todos, iso si, chea de ilustracións. Bótalle un ollo:
O pasado sábado 14 de marzo celebrouse a 3ª ronda do campionato comarcal de xadrez no colexio do Pilar de Foz, dentro do programa XOGADE (XOGOS DEPORTIVOS EN IDADE ESCOLAR) da Xunta.
O CEIP FONDO-NOIS impúxose nun total de 6 equipos mariñáns gañando as medallas de ouro.
A clasificación por equipos quedou así:
1º CEIP FONDO-NOIS: 27 puntos. 2º O PILAR 1: 25 puntos. 3º REYES Y PEONES (Burela): 17 puntos. 4º MARTÍNEZ OTERO 2: 14 puntos. 5º O PÌLAR 2: 13 puntos. 6º MARTÍNEZ OTERO 1: 12 puntos. Os integrantes do equipo gañador son: Martiño Fernández Prado, Juan Calvo Sotelo Fernández, Álvaro Fernández Prado, Otilia González González e Miguel Fernández Cortés.
Parabéns a todos eles.
Este equipo competirá nos compionatos provinciais de xadrez que se celebrarán probablemente en Lugo no mes de maio. Alí competirán cos mellores de toda a provincia.
Ofrecémosvos a continuación os vídeos coas representacións que tiveron lugar o día que celebramos a nosa festa do Antroido 2015:
Unha vez entres na ligazón de arriba, debes avanzar ou retroceder nos diferentes vídeos premendo nas frechas cara á dereita ou esquerda respectivamente.