Skip to Content

Celebracións

Celebracións en días especiais

MAGOSTO - SAMAÍN

(Lembramos que a data límite para a entrega das castañas será o vindeiro martes, 29 de outubro)

PROGRAMA TAS OU NON TAS. O USO DA NOSA LINGUA.

PARABÉNS!

Rematou o curso e os nosos alumnos e e alumnas de 6º de Primaria marchan para o instituto.

Foron 9 anos nos que os vimos crecer e agardamos que o seu paso polo CEIP Fondo Nois, lles fixera crear as bases que lles permitan ter unha boa aprendizaxe.

Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa que comezades e nunca esquezades que sempre levaremos un anaquiño de vós nos nosos corazóns.

PARABÉNS!

III EDICIÓN. AO AIRE LIBRO 2024

Deixámosvos as fotos da actividade "AO AIRE LIBRO", realizada o pasado martes na conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2024.

DÍA DA MULLER

DÍA DE ROSALÍA. 23 DE FEBREIRO.

 

ENTROIDO 2024.

Aquí tedes todos os vídeos do I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña celebrado o pasado venres no pavillón do noso colexio.

I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña. Documental.

Como xa sabedes, esta semana temos a extraordinaria visita dos mellores investigadores de todo o mundo, para reunirse no I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña, que terá lugar no noso centro mañá venres. Mencionar, que nos quixeron agasallar con este impresionante documental, onde se recolle a súa experiencia como investigadores e que foi realizado e editado por eles mesmos.

Estamos súper orgullosos de vós! Parabéns a todas e a todos e grazas polo agasallo! Sodes uns cracks!

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut