Skip to Content

PREMIO PRIMAVERA DAS LETRAS.

O pasado luns 17 de outubro fomos co noso alumnado de 4º, 5º e 6º á Coruña, á sede da Real Academia Galega,  para recoller o premio do Concurso Contádenos o voso Día das Letras Galegas 2022, convocado pola institución a cargo do proxecto “Primavera das Letras”, onde demostraron o ben que bailan coa “DANZA DOS MACHETES”. Fixérono xenial!

Aproveitando a viaxe visitamos pola tarde o Aquarium Finisterrae, onde aprendimos moitos aspectos relacionados sobre a bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral, ata vimos como alimentaban ás focas! Foi un día inesquecible!

A continuación podedes ver as fotos premendo na imaxe.

CHARLA PLAN DIRECTOR

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron hoxe, unha charla informativa-formativa sobre ciberseguridade e acoso escolar,  impartida por unha persoa experta das Forzas de Seguridade do Estado, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

SAMAÍN

O vindeiro venres 28 imos celebrar no cole a festividade do SAMAÍN, amosamos mais información acerca desta celebración no tríptico que podedes ver pinchando na imaxe:

Saída á praia Setembro 2022

No mes de setembro realizamos unha saída á praia das Pólas, situada a escasos metros do noso centro.

É este un recurso natural co que contamos preto do colexio, e que nos gusta aproveitar con frecuencia para traballar a motricidade, os xogos ao aire libre, o traballo en equipo, a concienciación sobre a recollida de lixo...

Podedes ver algunhas fotos premendo na imaxe.

Concurso Primavera das Letras.(Real Academia Galega).

Comezamos o curso cunha gran nova: O noso colexio é un dos tres gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, de Florencio Delgado Gurriarán, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. EDIXGAL.

Información para as familias do alumnado de 5º de Educación Primaria que comenza este curso co PROGRAMA EDIXGAL.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR

ADXUNTAMOS O MODELO DE AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR QUE DEBEN CUBRIR AS FAMILIAS QUE FAGAN USO DO MESMO DURANTE O VINDEIRO CURSO 22/23. É PRECISO QUE SEXA ENTREGADO NO CENTRO ANTES DO 8 DE SETEMBRO.

FIN DE CURSO 21-22

O 22 de xuño celebramos no colexio a despedida do curso. 

Primeiro baixamos á praia a xogar e desfrutar dese marabilloso entorno co que contamos preto do noso cole.

Máis tarde, fíxose a entrega de medallas e diplomas para todos aqueles que completaron o Xacobeo Mariñán.

A continuación, varias alumnas do colexio interpretaron bailando a canción Slomo (de Chanel) e fixeron entrega de diplomas e medallas elaboradas por si mesmas. 

Por último, os alumnos desfrutaron xogando no patio así coma na extensa zona verde coa que conta o noso centro.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

PROGRAMA "TAS OU NON TAS" 6

O alumnado de 6º déixannos o derradeiro programa "TA OU NON TAS" deste curso 21-22, falándonos da palabra VRAO. Queremos darlles as grazas por todo o marabilloso traballlo que realizaron durante estos meses e desexarlles moita sorte nesta nova etapa!

Escola de Música de Foz e Banda de Música de Foz

O 9 de xuño acudiron ao noso colexio varios mestres da Escola de Música de Foz e algúns membros da Banda de Música de Foz, para realizar unha exhibición ao alumnado.

Trouxeron varios instrumentos e explicáronlles o nome dos mesmos, o seu funcionamento así coma o seu son.

Ademais, realizaron xogos de adiviñas con películas de Disney, tocando a música das mesmas en directo.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

                   

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut