A viaxe do facho olímpico comezou co aceso da chama en Olimpia e rematará coa iluminación do caldeiro olímpico durante a cerimonia de apertura que terá lugar no CEIP FONDO NOIS o vindeiro 17 de febreiro, ás 12.30 horas.
O pasado 4 de febreiro, parte do alumnado do CEIP Fondo Nois participou na 1ª Xornada do Campionato Comarcal de Xadrez, no Colexio O Pilar de Foz, dentro do Programa Xogade (Xogos Deportivos en Idade Escolar)..
A continuación podedes ver diferentes momentos de dita competición.
Con motivodo Día Escolar da Non Violencia e da Paz, en cada aula elaboramos diferentes xogos cooperativos con material de refugallo e así gozar conxuntamente de todos eles. Pasámolo xenial!
O pasado mércores, tivemos na biblioteca, unha charla-obradoiro sobre “Consellos para un Entroido seguro e sen riscos”, impartido por Ana, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dirixido a todo o alumnado de Educación Primaria.
Os obxectivos centráronse en informar sobre os riscos dos disfraces e complementos do Entroido e se cumpren coa normativa, coñecer a etiquetaxe dos produtos e divulgar o traballo do Laboratorio de Consumo de Galicia.
O noso alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria sorprendeunos cunha impresionante coreografía para conmemorar o Día da Paz, feita cunha peza de Amelie! Coas súas ganas de aprender e traballar en equipo, esforzáronse duramente para crear unha coreografía chea de paz e diversión. Dámoslle as grazas pola súa dedicación e esforzo! Parabéns polo gran traballo!
Que gran traballo o do alumnado do noso centro! Todas as coreografías e as mensaxes incluídas nelas, foron creadas unicamente por eles. Estamos incriblemente orgullosos da súa creatividade e dedicación!
Os movementos e as letras das cancións son o reflexo do seu esforzo e traballo en equipo. Cada un deles contribuíu coas súas ideas e traballou duro para conseguir un resultado impresionante.
Parabéns! Esperamos ver máis do vos talento no futuro!