O pasado 4 de marzo, parte do alumnado do CEIP Fondo Nois participou na 2ª Xornada do Campionato Comarcal de Xadrez, no Colexio Martínez Otero de Foz, dentro do Programa Xogade (Xogos Deportivos en Idade Escolar).
O vindeiro sábado 18, celebrarase a 3ª e derradeira xornada en Burela.
A continuación podedes ver diferentes momentos de dita competición.
O pasado 8 de marzo conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Muller, pretendendo sensibilizar e promover a igualdade no noso alumnado como base de respecto e tolerancia entre as persoas.
Para isto realizamos diferentes actividades, entre elas:
Un photocall de ás con plumas decoradas polo alumnado.
As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria leron contos sobre biografías dunha gran variedades de mulleres pioneiras en diferentes campos ao resto de alumnado.
Por titorías, colaboramos co Concello na elaboración dunha alfombra en forma de lazo que se colocou na Praza do Concello.
Na clase de Ciencias Naturais, realizamos un experimento moi interesante e educativo con claveis, que permitiu aprender acerca da absorción de auga e nutrientes nas plantas.
Queremos expresar a nosa sincera gratitude aos amigos da tenda de flores, Ana Fabeiro Arte Floral, xa que quixeron colaborar amablemente co centro e as flores foron de balde.
O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron na biblioteca a visita de persoal da Axencia Tributaria.
Fidalgo e Miguel impartiron unha charla sobre Educación Cívico-Tributaria (PECT), co obxectivo de transmitir ao noso alumnado os valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas defraudadoras.
A viaxe do facho olímpico comezou co aceso da chama en Olimpia e rematará coa iluminación do caldeiro olímpico durante a cerimonia de apertura que terá lugar no CEIP FONDO NOIS o vindeiro 17 de febreiro, ás 12.30 horas.