lazo azul
CONTO:" SIETE RATONES CIEGOS"
Nesta fábula oriental, de Ed Young, artista chinés-estadounidense, narra a historia dun grupo de ratos de diferentes cores, pero con algo en común: todos cegos. Un día tras outro, un dos ratos achégase a “Algo Moi Raro” e regresa convencido de resolver o misterio; pero nunca se poñen de acordo: un alicerce, unha serpe, un cantil, unha lanza, un abanico, unha corda…Ata que o último día, o sétimo rato Branco percorre o “Algo Moi Raro” de punta a cabo, de arriba abaixo e conclúe que todos tiñan unha parte de razón . Con esta historia aprendimos un montón de cousas: a importancia dos cinco sentidos no día a día e a información que nos dan, valorar o traballo en equipo e buscar solucións entre todos, a curiosidade por descubrir cousas novas e por suposto para aprender os días da semana e os números que traballamos nas rutinas da asamblea dende o mes de setembro. Gustounos moito!
HORTO
Tal como nos comprometéramos no coidado do medioambientep pois comezamos esta semana indo ao horto escolar con Yago García-Garaball, que é asesor e creador de hortos ecolóxicos. Contounos que antes de plantar temos que preparar a terra e usar unhas ferramentas axeitadas. Despois de escoitar todos os consellos prácticos que nos deu, axudámoslle a preparar a terra e cubrímola con serraduras de madeira para que conserve a húmidade para cando toque plantar.
PROXECTO OS POLOS III
Xa sabemos moito sobre a vida dos inuits, onde viven, que comen, como se visten, como son as súas casas, que medios de transporte usan, e como é a súa cultura ( arte, tradicións, amuletos….)
Na clase intentamos parecernos cada vez mais a eles ( saimos de caza, pescamos, cociñamos no iglú, formamos inushuks para orientarnos, traemos amuletos para que nos protexan e nos den sorte e ata xogamos na mesa sensorial como si estivésemos na neve).
Chegamos ao final do proxecto, gustounos tanto que aínda seguen chegando aportacións. Luca tróuxonos un mural dos Polos, Jana unhas bonitas manualidades, Markel un xogo no que se traballan de forma divertida números e vocabulario relacionado coa temática e Saúl un diploma no que se acredita que apadriñou un pingüín chamado Pepe e que polo tanto se compromete a esforzarse todo o posible para cuidar o medioambiente. Gustounos tanto esta iniciativa que os laciños azuis tamén nos sumamos.
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo do día muller participamos nunha actividade proposta polo centro que consisitu en elexir unha muller relevante na historia .
Viaxamos no tempo, e eleximos a Josephine Diebitsch Peary porque foi a primeira muller en formar parte nunha expedición ao Ártico. Foi fotógrafa, documentalista e conviviu coas mulleres inuits, incluso tivo alí á súa filla a cal chamarían "o bebé das neves". Foi unha muller valente e que demostrou que non hai límites para os soños e a aventura. CLICA NA IMAXE
Despois tamén disfrutamos da lectura de contos relacionados coa temática e rematamos dibuxando unha muller importante na nosa vida, aquí tedes o resultado.
SAÍDA GADIS
Participamos a través dunha saída, no programa ALIMENTES, un programa educativo posto en marcha polo supermercado Gadis para concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable , da actividade física e do consumo responsable.
Despois dunha charla na que se fixo fincapé nas porcións de alimentos indicados para unha alimentación equilibrada, visitamos as distintas seccións e aprendemos moitas cousas como o nome de novas froitas, verduras, a diferencia entre pescado branco ou azul, as ventaxas do pan artesán ….
Foi moi interesante, agora só falta aplicalo!
ANIVERSARIOS DE FEBREIRO
Moitas felicidades para Mara que cumpliu xa 5 aniños!!
CELEBRANDO O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO
Este ano unímonos a iniciativa da asociación de escritores en lingua galega (AELG) para conmemorar este día. Algunhas das actividades que fixemos son:
- Lemos un poema,recitámolo, dibuxámolo (rapaza, ríos, ondiñas, grilos, galos, fontes...)e logo fixemos unha colaxe con todos os nosos debuxos.
- Coa profe Sonia cantamos a canción de Migallas baseada no poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro
EXPERIMENTOS
Por que os animaliños do Polo norte son brancos?
Fixemos un experimento con papel de cores e comprobamos que os papeis de distinta cor vense máis, por eso os animaliños brancos escondense mellor na neve.
Por que no ceo dos Polos aparecen cores e formanse as Auroras ?
Descubrimos que as auroras prodúcense tanto no polo norte como no sur , pero se chaman de forma diferente, as do norte son boreais e as do sur austrais. Prodúcense cando os raios do sol, vento solar, chega á Terra choca contra o campo magnético do planeta, producindo correntes de partículas cargadas que flúen cara os polos. É dicir chocan cos gases dependendo do gas fórmase unha cor diferente.
FESTA DE ENTROIDO
FELIZ ENTROIDO !!!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!
PREPARANDO O ENTROIDO, PROXECTO OS POLOS
Ao longo desta semana poidemos profundizar un pouco mais no noso proxecto. Valéndonos de información que buscamos en internet ou en libros , conseguimos facer unha clasificación de animais marinos e terrestres que viven nos Polos, así como algunhas das súas características. Despois aproveitando que se achegaba o Entroido fixemos un taller de elaboración de coroas de animais marinos e de caretas de animais terrestres. Resultou unha actividade moi interesante porque nos permitiu identificar e clasificar moito mellor os animais ao velos desta maneira representados.
Tamén realizamos unhas manualidades para poñer no decorado das nosas aulas e…canto aprendemos sobre todo dos pingüíns!!
Esquecía comentarvos que temos un iglú na aula para xogar no recuncho do xogo simbólico. Xa sabemos que os inuit normalmente viven en cabañas con certas comodidades pero cando van de caza constrúen iglús no inverno e tendas no verán. Seguirémosvos contando….
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »