lazo azul
YESSICA
Dámoslle a benvida a Yessica que xa dende o xoves está con nós impartindo música e psicomotricidade.
DESPEDIDA DE BEGOÑA
Despedimos a Begoña, mestra de apoio e música Os laciños azuis dámosche as grazas por coidarnos tanto, axudarnos e ensinarnos a disfrutar da música.
Desexámosche moita sorte nesta nova andadura e que como ben dicías ti, poidas descansar moito, merécelo.
Botarémoste de menos!! MOITOS BICOS.
CONTACONTOS DO SAMAÍN II
Moitísimas grazas pola vosa participación na actividade dos contacontos do Samaín.
CELEBRANDO O SAMAÍN
Por fin chegou o día da gran FESTA DAS CABAZAS....cada día son máis impresionantes.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
ANIVERSARIOS DE OUTUBRO
Felicitamos aos que cumplen en outubro, ISAAC, JOSÉ ANTONIO e VERÓNICA.
Unha maleta chea co noso agarimo!!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Como xa sabedes co motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares ( 24 de outubro) participamos no concurso a nivel de centro, de caixas literarias. Un concurso que consiste en elaborar unha caixiña por curso, con pistas sobre un conto en galego que teremos que adiviñar. O conto deste ano foi " O peixe arcodavella". Picamos escamas, pintamos cada un o noso peixe, decoramos a caixa e mesmo nos atrevemos a dramatizalo. Unha iniciativa que deu moito xogo.
OLLADE COMO NOS QUEDOU!
Aproveito para comentarvos que este venres xa saíron as mochilas viaxeiras cargadas con novos contos. Xa sabedes saen dúas mochilas cada venres e voltan o xoves.
CONTACONTOS SAMAÍN
MOITAS GRAZAS!
ACHÉGASE O SAMÁIN
Samaín é unha celebración moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno.
É unha festa que nos gusta moito, polo que estamos adicándolle estes días a maior parte do noso tempo:
- Traballamos na aula o conto de Corre, corre cabaciña acompañándoo de actividades LIM.
- Facemos mandalas de outono.
- Ambientamos os corredores partindo do conto “EL CIRCULO DE MIRÓ QUIERE SER ESQUELETO”. Con este conto coñecemos a Joan Miró e as súas obras “Amencer” e “A bailarina” ao mesmo tempo que traballamos as partes do corpo e sobre todo as emocións.
- Escoitamos contacontos de medo a cargo das familias.
- Participamos no mural do cole ( co título SAMAÍN POLO MUNDO), cun barrilete que fixemos xunto cos laciños vermellos. Mentres en Galicia decoramos cabazas, noutros países seguen outras tradicións, como en Guatemala, que fan voar uns enormes e coloridos barriletes.
Nós quixemos que fose un barrilete moi terrorífico e cos elementos característicos do noso Samaín e….que bonito nos quedou!
Non vos esquezades que para a semana é …..A GRAN FESTA DAS CABAZAS!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »