lazo azul

17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

O 17 de maio celébrase o Día Internacional da Reciclaxe, co obxectivo de concienciar á sociedade acerca da importancia que tentratar os refugallos como corresponde segundo as súas características e calidades, para non contribuír ao cambio climático, easí favorecer a protexer o medio ambiente. Nós como gardiáns do planeta sabemos o importante que é separar o lixo.

Descubrimos no experimento de “plantar o lixo” que hai cousas que non desaparecen ( papel de aluminio, plástico), tardan moitotempo e contaminan.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

  

REMATAMOS A 2º MISIÓN

Nesta misión aprendemos o importante que é respectar e coidar as plantas e as árbores. Fixemos unha chea de actividades e xogos. Temos un recuncho favorito na clase, é a mesa sensorial  onde plantamos  e contamos flores.  Todos os días observamos as nosas sementes e imos observando como medran e vemos as súas partes : raíces, talo, follas… estamos a esperar a que saian as flores.

    

   

  

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe mércores 8, comezamos cos contacontos das LETRAS GALEGAS, tivemos dous contacontos dos laciños azuis: os pais de Jana e a nai de Saúl. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

 

O venres 9 contaronnos contos moi chulos a nai de Ezequiel  e a nai de Markel. Moitas grazas pola vosa colaboración.

  

 

 O luns 13 viñeron a contar un conto a nai de Thiago e a nai de Andrés. Pásamolo moi ben!!

  

O martes 14 contaronnos os contos os pais de Rafa e a nai de Andrea. Pásamolo moi ben!!

   

 

O mércores 15 contaronnos os contos a nai de Luca T. e a madriña de Laura M, estiveron xeniales!!

   

 

O xoves 16 contaronnos un conto  e recitaronnos unha poesía os avós de Martín, foi moi divertido. Moitas grazas!!

 

OS PULMÓNS VERDES DO PLANETA: AS ÁRBORES

Nesta 2º misión imos falar do importante que son as árbores para o Planeta. Temos que coidalos porque nos dan osíxeno, axúdannos a regular a temperatura, son o fogar e a comida de moitos animais… e  aprenderemos unha chea de cousas curiosas sobre eles.

Mirade que árbores máis orixinais temos os Gardiáns do Planeta.

  

2ª MISIÓN: COIDAMOS AS PLANTAS

Comezamos esta 2º misión cunha sorpresa  de Maki , tróuxonos unhas fabas máxicas do conto de “Juan e as habichuelas máxicas” e decidimos despois de escoitar o conto plantalas nunha maceta reciclada moi ben decorada co seu castelo.

Mirade que bonitas!!!!

  

    

ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL

Moitas felicidades para JIMENA e CHRISTIAN que cumpliron xa 5 aniños!!

 

CONCERTO PALACIO DA ÓPERA: DE AQUÍ PARA ALÁ

De aquí para alá é un proxecto didáctico musical creado por Lydia Botana para público infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, bailando e cantando as músicas de cada lugar a través dunha bolboreta musical. Aquela que viaxara de aquí para alá polo mundo adiante á procura da felicidade para o seu amiguiño Gali, que é un neno africano. Bolboreta perdeu as cores das ás! Ao principio, non sabe que puido pasar, pero devagariño comeza a comprender as emocións que sente expresándoas a través da música, nunha viaxe musical que atravesa todos os continentes, mostrando diferentes tradicións, bailes, músicas e instrumentos pasando por lugares coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns...

   

AXUDAMOS A SEMENTAR NO HORTO

Hoxe veu Yago García-Garaball a explicarnos unha chea de cousas interesantes para facer o compost: é moi importante pór capas “tipo lasaña” unha capa verde-húmida e outra marrón-seca, hai que remover e ten que estar moi ventilado, o demais o fan os nosos amiguiños que viven debaixo da terra. Tamén nos axudou a sementar fabas e agora toca esperar unhas semanas…

   

 

DÍA DO LIBRO

O mes de abril é o mes dos libros, destacamos dúas datas importantes:

O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen.

O Día Mundial do Libro, que se celebra o 23 de abril.  Coincide co a morte de tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

 Dende o cole temos claro que ler é unha gran actividade para a nosa mente: axuda a exercitar a memoria, permítenos aprender palabras ou ampliar a linguaxe. Para un neno asomarse a un libro é unha oportunidade para aprender, xogar, coñecer a personaxes distintos a eles ou vivir situacións que non experimentarían no seu día a día. Ler axúdalles a desenvolver a empatía e a madurar, a ser constantes e a potenciar a súa creatividade e imaxinación, lendo e creando os seus propios universos. Ademais de que os libros poden ser o compañeiro perfecto para axudarnos a lidar con hábitos do día a día e axúdannos a compartir tempo de calidade cos nosos fillos.

Algunhas actividades que levamos a cabo para fomentar o interese polo fomento da lectura e facer del un hábito de vida son: contacontos, as mochilas viaxeiras, a hora do conto...

Mirade que marca páxinas máis bonitos fixemos para os nosos contos preferidos.

 

 

 Temos unha actividade voluntaria para que deixedes os vosos contos preferidos só tedes que picar no ENLACE , no símbolo + e seguir as instruccións.

DÍA DA TERRA

Cada 22 de abril conmemórase o Día Mundial da Terra para visibilizar o impacto da actividade humana no medio ambiente, así

como expor a necesidade de levantar accións para un desenvolvemento sostible. Nós  “Os gardiáns do Planeta” estamos a

aprender unha chea de cousas que fan dano ao planeta que é o noso fogar e o de moitos animais,  debemos aprender a coidalo.

Algunhas das actividades que realizamos:

-       cartón vermello á “basuraleza” e verde a todo o que nos axuda a coidar o planeta (aforrar auga e enerxía, ir andando ou en

         bicicleta sempre que se poida, plantar, coidar  os animais, reciclar).

  

  

-       Fixemos o noso propio planeta Terra  con filtros de café e uns goteros.

  

Powered by Drupal - Design by artinet