Skip to Content

Charla con María Canosa

María Canosa (Cee, 1978) é profesionalmente enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sendo escritora de corazón. Articulista en " La Voz de Galicia " , foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Foi a «experta» en letras nos concursos dos programas de TVG Cifras e letras e Verbas van. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con " Bramido maino " e " A pedra do seixo " , publicadas en 1997, e continuada, entre outras, por títulos como " O Crebanoces " (2011); " Xiana, a nena pirata " (2012); " Viaxes de inverno " (2013); " Druidas " (2014); " Rubicundo " (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; " O día que choveu do revés " (Xerais 2016); " A cazadora de estrelas " (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016, e Muriel (Xerais 2017), Premio Merlín 2017.

 

 



page | by Dr. Radut