Día contra a Violencia de Xénero
O luns 25 de novembro foi o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para facer visible e mostrar a nosa máis enérxica repulsa fixemos unha actividade na que se lles pedimos ás familias que ese día o alumnado viñese vestido de negro
Un pouco antes do recreo baixamos ao patio onde o alumnado de 6º leu un manifesto e cada clase baixou cunha cartulina onde tiñan escrita unha mensaxe, palabra….en positivo (25N EN POSITIVO) sobre este día.
Para rematar o acto escoitamos e cantamos a canción “La puerta violeta” de Rozalén.