Skip to Content

Escola de Pais e Nais 2012-2013

Estimadas familias:

 Queremos anunciarvos por medio desta circular o inicio dunha  actividade organizada e dirixida pola Concellería de  Educación do Concello de Noia, con carácter gratuíto, destinada a familias  de rapaces/as  en idade escolar: “Escolas de pais e nais”.

 Esta é unha actividade que pretende crear... un espazo de reflexión sobre as situacións que se presentan a nivel familiar, reflexionar sobre como afrontar esas novas situacións e dotar ás familias dunha serie de estratexias de convivencia.

 As reunións serán semanais ou quincenais e terán unha duración de hora e media cada unha, durante 10 sesións.  O horario  será a convir polos propios pais que asistan. O lugar de celebración será o Edificio Administrativo do Espíritu Santo.

 Partimos dun tema central: A familia como sistema educativo e dende aquí iremos analizando as habilidades de comunicación (escoita activa, empatía, asertividade, autoridade, toma de decisións,...) relacionandoas en todo momento cos problemas que temos presentes no noso fogar: a motivación para o estudio, os conflictos polos horarios, a responsabilidade, …

 En cada tema realizarase unha  breve exposición por parte dunha psicóloga  e logo dinámicas en pequenos grupos para finalizar cunha posta en común  do tema tratado. Rematando cun documento síntese que recolle o máis importante.

 Animámovos a participar, xa que  se ofrece a posibilidade de reflexionar sobre certos temas educativos con outras persoas que teñen as mesmas inquietudes que vos. As persoas que xa participaron poden inscribirse para un  segundo curso con novos temas.

 Para poder asistir sería necesario facer a inscripción chamando ó número de teléfono:                                                                  

                                                                         651 528 748.

 Está previsto empezar  tan  pronto haxa grupo de 15 persoas.

 Concellería de Educación

ESCOLA DE PAIS E NAIS

Temas:

1.     A familia como sistema educativo.

2.     A comunicación: Saber escoitar.

3.     Asertividade, agresividade e timidez.

4.     Empatía: O papel dos pais nos conflictos .

5.     Autocontrol emocional: Por unha boa convivencia.

6.     Exercicio da autoridade: Que tipo de pais somos.

7.     Toma de decisións: Cinco solucións para un problema.

 

Sesións: 10 (1 hora e 30 min. cada unha).

Horario: A convir polo participantes do grupo.

Lugar: Edificio Administrativo Espíritu Santo. Noia

Metodoloxía: Dinámica e participativa.

Coordinadora: Rocío García Castro. Psicóloga.

Comezo: A partir de outubro



page | by Dr. Radut