Skip to Content

News aggregator

O 75% dos centros educativos desenvolverán o vindeiro curso algún programa de plurilingüismo

Noticias sobre Ensino - Lun, 08/07/2024 - 17:52

Summary: 

Un total de 511 centros que imparten Infantil, Primaría, ESO ou Bacharelato participarán nestes programas, un 60% máis ca no curso 2017/18

Tamén se benefician desta iniciativa as etapas de Formación Profesional e as escolas de ensinanzas artísticas, cuxas convocatorias aínda se atopan en marcha

Máis auxiliares de conversa, seccións bilingües ou bolsas para acreditar o nivel de idiomas forman parte do paquete de medidas da Xunta nestas aprendizaxes

O informe de EF, considerado como a referencial na avaliación destas competencias, sitúa ao alumnado galego como o segundo con mellor nivel de inglés en España

Idioma Gallego

O 75% dos centros educativos sostidos con fondos públicos na nosa Comunidade desenvolverán o vindeiro curso académico algún programa de plurilingüismo nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato. Así o recolle o informe analizado hoxe no Consello da Xunta, segundo o que 511 centros beneficiaranse desta iniciativa desde setembro, un 60% máis ca no curso 2017/18. Son 11 máis que no curso que vén de rematar, pero esta cifra aínda medrará, pois nestes momentos están en marcha as convocatorias para os centros de Formación Profesional (pendente de resolución) e de ensinanzas artísticas, en prazo de presentación de solicitudes ata o 17 de xullo.

Por etapas, 250 centros imparten plurilingüismo en Infantil. Isto multiplica por tres os que se sumaron á iniciativa desde a súa creación. En Primaria ou ESO, ou en ambas etapas son 460. Outros 15 centros formarán parte do programa en Bacharelato. A falta de datos do vindeiro curso para FP, cómpre lembrar que este ano formaron parte del 26 centros, así como dúas escolas de arte e superiores de deseño na Coruña e Lugo.

Esta fórmula -que implica impartir ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira, entre outras medidas e beneficios- comezou no curso 2010/11 en Primaria e Secundaria. A partir do curso 2017/18, a Consellería de Educación ampliouno a Infantil, Bacharelato e FP. Ademais, no curso 2022/23 completouse a oferta coas ensinanzas artísticas.

Avance na aprendizaxe de idiomas

Para facilitar este avance na aprendizaxe de idiomas (maioritariamente inglés), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten despregados numerosos recursos a través da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe2030. Un dos máis destacados son os auxiliares de conversa de apoio, que no próximo curso acadarán a cifra récord de 665, o que multiplica por 100 os 67 que había en 2009. Grazas a estas iniciativas, o alumnado galego sitúase hoxe como o segundo con mellor nivel de toda España, segundo o informe de avaliación de EF, referencia nesta materia.

As persoas auxiliares achegan a realidade cultural e lingüística dos seus países de orixe, aportan a compoñente de multiculturalidade aos centros e levan a cabo un importante servizo complementario para o apoio ao ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

Ademais dos centros plurilingües, outros moitos optan por contar con seccións bilingües, na que un grupo de alumnos cursa unha área, materia ou módulo de materias non lingüísticas de maneira bilingüe. Trátase dunha iniciativa en marcha desde hai máis de 15 anos, que no seu momento foi pioneira en España, e que no curso que vén de rematar acadou as 5314 seccións. Para o próximo curso, a convocatoria debe aínda resolverse.

Acreditación do alumnado

A Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras contempla que o alumnado que participa na mesma debe finalizar a súa escolarización cunha acreditación dos niveis B1, B2 ou C1 co obxectivo de mellorar o seu acceso a outra formación superior ou ao mercado laboral.

Para facilitar a todo o alumnado de 4º de ESO, Bacharelato e FP a certificación do seu nivel en linguas estranxeiras, a Consellería de Educación ofrece unha bolsa de 100€ por estudante para sufragar o custo das probas das destrezas orais e escritas

No curso 2023/24 participaron nestas probas financiadas pola Xunta un total de 5.500 alumnos. O número de prazas ofertadas multiplicouse por 6 desde 2017/18.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A Xunta reforza a rede de Centros Integrados de FP coa incorporación da Escola de Cantería de Galicia, especializada en edificación, construción e cantería

Noticias sobre Ensino - Lun, 08/07/2024 - 17:45

Summary: 

O Consello deu luz verde ao decreto que suporá un impulso deste oficio fomentando a innovación e a tecnoloxía e atendendo ás demandas do sector

Refórzase a oferta formativa con catro ciclos, incluído a nova titulación de alta especialización de Pedra natural en cantería

Con este, son xa 28 os centros integrados de FP, o triplo que en 2009, que son referentes en formación de calidade, emprendemento e empregabilidade

Idioma Gallego

O Goberno galego vén de reforzar a Rede de Centros Integrados de FP coa incorporación á mesma do novo CIFP Escola de Cantería de Galicia, en Poio, como centro especializado no sector da edificación, a construción e a cantería, tal e como se reflicte no decreto de transformación desta escola en CIFP aprobado hoxe no Consello da Xunta.

Con este paso, o Goberno galego reforza a estrutura estratéxica da FP galega, aumentando ata 28 o número de CIFP dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/2025, fronte aos nove que había en 2009, o que significa multiplicar por tres o número total.

Na práctica, a transformación desta escola en centro integrado tradúcese nun reforzo da oferta académica con catro novas titulacións para o vindeiro curso, entre as que se atopa a titulación de alta especialización en Pedra Natural en cantería, unha das 13 novas deste tipo que se incorporan a partir de setembro en Galicia, con 22 prazas.

A maiores, neste novo CIFP tamén se poderá cursar o ciclo básico en Reforma e Mantemento de Edificios (18 prazas), e os ciclos de FP dual en Construción (22 prazas) e en Proxectos de Edificación (30 prazas). Suman un total de 92 prazas de nova oferta para o vindeiro curso e o compromiso de seguir incrementando o número ano a ano ata superar as 300.

Plásmase así o reforzo da oferta vinculada á construción e restauración de edificacións en pedra e ao deseño a produción e á restauración de pezas artísticas en pedra. Ademais, tamén se impulsa a formación no ámbito artístico mediante a produción de elementos escultóricos en pedra, incluíndo a súa restauración.

Títulos homologados

Este impulso enmárcase no compromiso acadado logo de que o Goberno autonómico asumira o ano pasado a titularidade da Escola de Cantería de Poio, -ata aquel momento dependente da Deputación de Pontevedra-, para convertese nun centro público docente dependente da Consellería de Educación.

Un cambio que se traduce en melloras importantes para o alumnado, xa que a partir deste curso, ensinanzas que eran consideradas como formación non formal pasan a ser títulos oficiais, ademais de permitir que os antigos alumnos, que non tiñan un título homologado, poidan acreditar a experiencia profesional.

Por outra parte, a ampliación da rede de centros de FP enmárcase nun dos obxectivos recollidos na Estratexia de FP Galicia 2030, que establece como un dos seus eixes promover o papel dos centros integrados de excelencia como referencia para cada familia profesional e sector produtivo e que estes centros desenvolvan accións de innovación do profesorado coa participación activa do tecido empresarial e de institucións.

Na pasada lexislatura creáronse sete novos centros integrados, aos que se engade agora a Escola de Cantería de Galicia.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Mulleres explosivas! A muller na ciencia.

Axenda Cultural - Lun, 08/07/2024 - 16:00

8 de xullo, 16:00
Axencia de Lectura Municipal da Mezquita - A Mezquita - Ourense

Texto de presentación da actividade

Mulleres explosivas
Neste contacontos descubriremos a mulleres científicas,con vidas apaixonantes. Mulleres arriscadas e valentes que non saen nos anuncios publicitarios pero son aínda mais explosivas e brillantes ca Shakira.
De broche final converterémonos en científicas, poñeremos as gafas para facer a alquimia da ciencia, e crearemos unha masa máxica tan xigante que quedaremos coa boca aberta!
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Principalmente de 4-10 anos, pero funciona perfectamente con público familiar por a linguaxe e o tipo de interacción coas persoas participantes.)

Duración

80 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/07/2024 - 16:00

Lugar de celebración

EDIFICIO MULTIUSOS

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Unha lesión nas costas frea a brillante participación de Bouzas en Wimbledon

Deporte Galego - Lun, 08/07/2024 - 11:31

Jéssica Bouzas tivo que retirarse na terceira rolda de Wimbledon por unha lesión nas costas cando o marcador era de 6-0, 4-3 e 40-0 ante a checa Barbora Krejčíková.

A Arousá fixo historia ao eliminar na primeira rolda á campioa da edición de 2023, Marketa Vondrousová, actual número seis do ranking mundial. O encontro, que se disputou na impoñente pista central, rematou co resultado de 6-4 6-2.

Na segunda rolda gañou por 7-6(1) 6-3 a Cristina Bucsa, unha tenista española nacida en Moldavia e afincada en Cantabria.

Ligazóns
Categorías: Deportes

De la Puente campión de dobres do Lexus British Open Roehampton

Deporte Galego - Lun, 08/07/2024 - 11:03

Martín De la Puente proclamouse campión de dobres do Lexus British Open Roehampton, en parella con Joachim Gerard (BEL).



Gañaron na final a Tom Egberink (NED) e Maikel Scheffers (NED) cun resultado de 1-6 6-2 10-7.

Na proba individual, o vigués derrotou a Manojkanth Somasundaram (IND) cun 6-0 6-0 na primeira rolda e en cuartos de final eliminou a Joachim Gerard (BEL) cun resultado de 5-7 6-4 6-0 . Na final non logrou vencer a Alfie Hewett (GBR), número 2 do ranking mundial (4-6 6-3 4-6).

Esta semana competirá en Winbledon, ¡moita sorte!

Ligazóns
Categorías: Deportes

O lapis de Martín

Axenda Cultural - Lun, 08/07/2024 - 11:00

8 de xullo, 11:00
Biblioteca Pública Municipal da Ponte - Ourense - Ourense

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (400000000)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/07/2024 - 11:00

Lugar de celebración

BPM DA PONTE

Categorías: Cultura

Resultados dos equipos galegos no Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior por Equipos 2024

Deporte Galego - Lun, 08/07/2024 - 10:43

Rematou o Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior por Equipos 2024, no Club de Tenis Real Zaragoza. Destacamos o resultado do equipo feminino do Real Club Tenis Coruña que chegou aos cuartos de final




Os equipos galegos masculinos que participaron nesta edición son o Real Club Tenis Coruña (campión galego 2024), o Club de Tenis Pontevedra e o Club de Tenis Rial.

Os equipos galegos femininos que competiron no Campionato son o Real Club Tenis Coruña (campión galego 2024) e o Club Tenis Rial.

Xogadores/as dos equipos do Real Club Tenis Coruña:

  • Yeray Quian Darriba
  • Lucas Maceiras Balado
  • Pablo Alcon Palacios
  • Miguel del Castillo Lampón
  • Alejandro Pardo Moro
  • Blanca Trillo Pita da Veiga
  • Clara Aramillet Martínez
  • Noa Pena Paz
  • Adestrador: Iago Fernández-Reija

Resultados:

As xogadoras do Real Club de Tenis Coruña conseguiron pasar aos cuartos de final tras superar ás do Club de Tenis “La Salut” e ás do CDC Valladolid. As gañadoras do Campionato, as xogadoras do Club de Tenis Chamartín eliminaron ás galegas.

O equipo masculino do Real Club Tenis Coruña caeu ante o Club Esportiu Laieta na primeira rolda e na categoría de consolación impuxéronse á Real Sociedade da Magdalena e ao Club de Tenis Sabadell. Os xogadores do Atlético Montemar eliminaron aos galegos nas semifinais de consolación.

Xogadores/as dos equipos do Club Tenis Rial:

  • Alejandro Reboredo Orge
  • Martín Fernández Cores
  • Alejandro Couso Fernández
  • Daniel Núñez Ríos
  • Sira Fernández Martis
  • Alejandra Del Valle Vidal
  • Lucía Couso Fernández
  • Carlota Magán Cascallar
  • Ariadna Lucio Cora
  • Entrenador: Jean Paul Hernández

Resultados:

Os xogadores do Club de Tenis Rial derrotaron ao Natural Tenis Club e na segunda rolda perderon ante un duro rival, o Real Club de Tenis Barcelona, ​​cabeza de serie número 1 da táboa e gañador da edición de 2023.

O equipo feminino do Club Tenis Rial perdeu na segunda rolda ante o Club de Tenis Santurtzi e na consolación eliminou ao Club Deportivo Cantabria e ao Real Club de Polo. En semifinais perderon contra o Club de Tenis Sabadell.

Xogadores do equipo do Club de Tenis Pontevedra:

  • Felipe Lariño Feijoo
  • Juan Dueñas Seoane
  • Álvaro Medialdea Mozos
  • Federico Cabrera Pérez
  • Martín Rodríguez Figueiredo
  • Adestradores: Guillermo Garnelo e Sergio Peña

Resultados:

O equipo do Club de Tenis Pontevedra perdeu ante o Torrevieja Tenis Club e non superou o primeiro partido da consolación contra o CDT Valladolid.

Ligazóns
Categorías: Deportes

Obradoiro de cómic para nenos

Axenda Cultural - Lun, 08/07/2024 - 10:30

8 de xullo, 10:30
Axencia de Lectura Municipal de Santiso - Santiso - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Ven a aprender a debuxar o teu propio personaxe de cómic e a crear divertidas historias.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6-12)

Duración

90 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/07/2024 - 10:30

Lugar de celebración

Espazo anexo á biblioteca

Categorías: Cultura

Un conto volto a contar

Axenda Cultural - Lun, 08/07/2024 - 10:30

8 de xullo, 10:30
Biblioteca Pública Municipal de Celanova - Celanova - Ourense

Texto de presentación da actividade

Partindo dun conto tradicional a elección das participantes neste obradoiro intentaremos que nenos e nenas cambien non só os distintos roles dos personaxes, roles masculinos e femininos, senón tamén os propios personaxes, as diferentes tramas, os escenarios da historia etc.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

120 minutos

Sesións

  • Sesión única: 08/07/2024 - 10:30

Lugar de celebración

Biblioteca

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Robótica creativa

Axenda Cultural - Lun, 08/07/2024 - 10:00

De 8 de xullo a 26 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra - Pontevedra

Os participantes neste obradoiro aprenderán nocións básicas de tecnoloxía, robótica e electricidade, desenvolvendo un proxecto creativo audiovisual moi divertido.

Data e hora: do 8 ao 26 de xullo (menos os días 11 e 25) de 10 a 13 horas

Público destinatario: infantil de 9 a 14 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 26 de xuño ás 9:00 horas.

Categorías: Cultura

Enredadas

Axenda Cultural - Lun, 08/07/2024 - 09:30

8 de xullo, 09:30
Instalacións deportivas Ponte Noalla - San Cibrao das Viñas - Ourense

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Categorías: Cultura

Crunch 2!

Axenda Cultural - Dom, 07/07/2024 - 20:00

7 de xullo, 20:00
Campo da Festa. Bértola - Vilaboa - Pontevedra

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes. 

Categorías: Cultura

Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo

Axenda Cultural - Dom, 07/07/2024 - 18:00

7 de xullo, 18:00
Praza Siñor Afranio – Silleda - Silleda - Pontevedra

"Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.  Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público. Pakolas tamén nos presentará a súa máquina do tempo no directo

En “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020) 

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. 

Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Moitas personaxes poderedes atopar nos seus librodiscos, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro.  

En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.

Categorías: Cultura

Combina

Axenda Cultural - Dom, 07/07/2024 - 18:00

7 de xullo, 18:00
Parque Rosalía de Castro - Friol - Lugo

“COMBINA” é un espectáculo que combina maxia, humor e participación do público. Unha proposta todoterreo con números de maxia de diferentes  especialidades.

Maxia visual, escapismo, mentalismo, viaxes máxicos... Todo isto co estilo único de Dani Polo, unha combinación de elegancia cun toque desenfadado e xuvenil.

Categorías: Cultura

Festa da Exaltación do Pan de Cea

Axenda Cultural - Dom, 07/07/2024 - 11:00

7 de xullo, 11:00
Campo da Saleta - San Cristovo de Cea - Ourense

Un dos produtos máis internacionais da gastronomía ourensá é o pan de Cea, que se elabora seguindo unha antiga receita en fornos artesanais en todo o concello, e que conta, como é corrente en Galicia, coa súa propia festa de exaltación, o primeiro domingo de xullo.
O programa festivo comeza a tarde do sábado, coa organización de distintos obradoiros en torno ao proceso de elaboración do pan ou de petiscos que levan como base principal o pan de Cea.
O Campo da Saleta, convenientemente amenizado por pandeireteiras, charangas e gaitas, é o escenario onde, o domingo, ten lugar a Festa do Pan de Cea, co seu pregón e comidas popular e de autoridades, nas que se reúnen todo tipo de produtos con denominación de orixe galega, desde viños e queixos ata lacón, mel, tenreira, augardentes, licores, patacas ou produtos de agricultura ecolóxica. Os stands de artesáns e comerciantes de doces, produtos da horta, lácteos, aceites, bebidas son unha continua trasfega de xente, e os panadeiros chegan a cocer e vender ata un millón de pezas do tan estimado pan.
Pola tarde, o baile, as actuacións musicais e unha degustación gratuíta de pan, chourizos e viño poñen o punto final á festa.

Destacado: Obradoiros de elaboración do pan.

Categorías: Cultura

A Xunta apoia a mobilidade dos universitarios galegos dentro e fóra da Unión Europea e a súa participacion en cursos de idiomas no estranxeiro

Noticias sobre Ensino - Dom, 07/07/2024 - 10:34

Summary: 

Ata o 22 de xullo pódense solicitar axudas de entre 1.700€ e 2.500€ para participar o vindeiro curso en programas de mobilidade con países extracomunitarios

Un total de 186 estudantes mellorarán as súas competencias en idiomas este verán a través das bolsas da Xunta para estadías formativas no estranxeiro

A maiores, dentro do programa Erasmus+, este curso concedéronse bolsas de entre 366€ e 2.255 € a un total de 1050 estudantes das universidades galegas

Idioma Gallego

A Xunta apoia un curso máis a mobilidade dos estudantes galegos e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro. Para iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten aberta a convocatoria das bolsas para o alumnado das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participe en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2024-2025 fóra do ámbito do programa Erasmus+.

Cun orzamento total de 284.000€, o importe consignado para cada estudante nas súas estadías varía en función do país de destino, así será de 1.700€ para intercambios realizados en Europa e de 2.500€ para o resto do mundo. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de xullo e formalizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para solicitar a bolsa, o estudante deberá estar matriculado no curso 2024/25 en calquera grao das universidades públicas galegas e participar no devandito programa de mobilidade. Non poderán recibir a axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e mais o alumnado que, con nacionalidade distinta á española e con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe. No curso 2023/24 recibiron estas axudas un total de 65 estudantes das universidades públicas galegas.

Estadías para a mellora de idiomas

Ademais, un total de 186 estudantes das universidades públicas galegas mellorarán as súas competencias en idiomas este verán a través das bolsas da Xunta para estadías formativas no estranxeiro. O Diario Oficial de Galicia publicou xa a resolución destas axudas, que teñen como obxectivo que os estudantes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras, capacidade de estudo e de traballo no contexto internacional. Cada alumno recibe unha axuda de entre 1.200€ e 1.500€ para realizar estadías de formación lingüística nalgún país estranxeiro entre o 15 de xuño e o 31 de agosto.

Do total dos 186 bolseiros, 137 (o 73%) son mulleres e 49 (o 26%) son homes. Por universidades, 79 estudan na de Santiago de Compostela, 59 na de Vigo e 48 na da Coruña. O país ao que máis se desprazan os alumnos é Malta (62 estudantes), seguido de Irlanda (54) e Reino Unido (24). Séguenlle Italia (11), Canadá e Francia (ambos 10 alumnos).

A rama de coñecemento na que están matriculados máis bolseiros é Ciencias Sociais e Xurídicas (95 estudantes), seguida de Ciencias da Saúde e Artes e Humanidades, ambas as dúas con 27 alumnos. A maiores, 23 beneficiados cursan estudos de Enxeñaría e Arquitectura e outros 14 da rama de Ciencias. O ano pasado participaron neste programa 160 universitarios.

Complementarias Erasmus

A maiores, a Xunta concedeu neste curso 2023/24 axudas complementarias ás do programa de mobilidade europea Erasmus+ a un total de 1.050 alumnos –650 mulleres e 400 homes– das tres universidades públicas. Segundo a resolución publicada polo Diario Oficial de Galicia, 468 dos beneficiarios cursan estudos na Universidade de Santiago de Compostela, 323 na Universidade de Vigo e 259 na Universidade da Coruña.

Por área de coñecemento, 533 dos beneficiarios son alumnos de Ciencias Sociais e Xurídicas, 147 de Enxeñería e Arquitectura, 146 de Ciencias da Saúde, 118 de Artes e Humanidades e 106 de Ciencias. Os países nos que máis realizan o Erasmus os beneficiados son, ao igual ca no curso pasado, Italia (278) e Polonia (219).

A Consellería destina un orzamento de 1,5M€ a esta convocatoria. A contía das bolsas oscila, en función da duración da mobilidade (entre tres e nove meses) e do país de destino, entre os 366€ e os 2.255€, sendo a axuda media de 1.555€. Cómpre sinalar que, ademais do importe por duración e destino, 688 alumnos perciben unha asignación adicional de 500€ por ter unha estadía igual ou superior aos cinco meses.

Igualdade de oportunidades

Estas axudas enmárcase dentro das iniciativas do Goberno galego a prol dun sistema educativo de calidade e con igualdade de oportunidades independentemente dos recursos económicos das familias. Así, a Consellería de Educación apoia aos estudantes para que poidan completar os seus estudos universitarios fóra do territorio español e favorece un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar e completar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

As axudas teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado das universidades galegas. De esta maneira, tamén se consegue o progreso da sociedade no seu conxunto e constitúe a base para proporcionar o capital humano altamente cualificado e formado que precisa Galicia para afrontar os retos futuros.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

A Rapa das Bestas de Candaoso

Axenda Cultural - Dom, 07/07/2024 - 00:00

7 de xullo (hora sen determinar)
Candaoso - Viveiro - Lugo

O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crinas e colas, a desparasitación dos cabalos e a marcaxe a ferro dos poldros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria. Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas das bestas atraen cada ano numeroso público ávido de emocións. O de Candaoso, nunha paraxe desde a que se divisa a ría de Viveiro, illa Coelleira e Estaca de Bares, é un dos máis sonadas de Galicia. Como tradición ancestral, os curros manteñen moitos dos ritos da loita corpo a corpo coas bestas para a súa domesticación, e garanten un espectáculo enxebre, enchido de forza e de emocións, arredor da bravura dos homes e da furia dos garañóns.
O duro traballo dos gandeiros vese recompensado co viño, as empanadas e todo tipo de viandas que se preparan polo contorno do curro ao son das gaitas, e o desfrute das tradicionais carreiras de cabalos en diferentes categorías.
 
Destacado:
Carreiras de cabalos, con premios para os gañadores, pola tarde.

Categorías: Cultura

CorreSan Nocturna Cidade Vella

Axenda Cultural - Sáb, 06/07/2024 - 22:30

6 de xullo, 22:30
Praza do Obradoiro - Santiago de Compostela - A Coruña

Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
Carreira organizada pola Federación Galega de Atletismo e patrocinada polo Concello de Santiago de Compostela. 
+INFO
 

Categorías: Cultura

Louband

Axenda Cultural - Sáb, 06/07/2024 - 22:00

6 de xullo, 22:00
A Prazuela - Pontecesures - Pontevedra

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.

Consta de 7 músicos máis técnico de son e luz. guitarra, baixo eléctrico, teclado, batería e tres ventos (saxofón alto, tenor e trombón). Ademáis, contamos cun remolque-escenario autosuficiente que fai posible o noso espectáculo no exterior, no caso de ser necesario.

O noso estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán. Entre os estilos musicales destacan o Ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todos as versións están arranxadas por nos mesmo dando protagonismo as voces e os ventos da formación.

Do repertorio en galego destacan versións como "O Tren" de Andrés do Barro, "Quen puidera Namorala" de Celso Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus.

No repertorio en Castelán conflúen numerosos estilos entre a cumbia o pop dos 80' e 90' e o rock mais exitoso.

Todo o noso espectáculo está orientado a todo o tipo de públicos e idades diferentes, sendo a adaptación a diversos escenarios unha das nosas virtudes.

Categorías: Cultura

Volta ao xogo

Axenda Cultural - Sáb, 06/07/2024 - 21:00

6 de xullo, 21:00
Praza de Sta. María - Vilalba - Lugo

TIAM Gz combina iso que a xente tanto bota en falta, e iso que á xente tanto lle gusta: positividade, colectividade e xustiza social. TIAM Gz combina nos seus temas compromiso e festa. A súa música leva ao público dende as cancións máis reivindicativas ata as sonoridades máis bailables. “Volta ao xogo” é so un adianto de todo o que está por vir: un novo EP que sairá en verán con sos electrónicos. Ata o momento, TIAM Gz contaba cun álbum chamado [De] Construción (2021) no que se mesturan diferentes estilos: hip-hop, pop, acústica, trap, etc. Incluso teñen a súa propia versión da Muiñeira de Chantada: a Muinheira-rap ou se atreven cun reggaetón en toda regra, “Ruada”.

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut