Skip to Content

News aggregator

Román Rodríguez subliña que a avaliación de estudos como PISA é imprescindible para mellorar o ensino

Noticias sobre Ensino - Xov, 11/07/2024 - 11:45

Summary: 

Sinala a súa utilidade para medir o éxito das políticas públicas no ensino e planificar os reforzos que encamiñen o sistema cara á excelencia académica

Destaca o liderado de Galicia en ciencia, pensamento creativo e equidade, que amosa que calquera alumno logra un bo rendemento sexa cal sexa a súa situación persoal

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe a avaliación que realizan estudos como o informe PISA como a mellor ferramenta para a mellora do sistema educativo. Fíxoo na inauguración do foro de alto nivel A avaliación educativa de hoxe: perspectivas a medio e longo prazo, desenvolvido en colaboración coa Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) e que reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 directores de centros de ensino, inspectores e docentes. O obxectivo do encontro, ao que asiste tamén a directora xeral de Ordenación e innovación Educativa, Judith Fernández, é facer unha análise exhaustiva deste informe, da súa metodoloxía e procedementos, e de como esta ferramenta de avaliación pode empregarse para mellorar o sistema.

Tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta, a avaliación é parte dun proceso permanente e personalizado que permite “medir o éxito da estratexia no ensino e fixar os reforzos que encamiñen a acadar o obxectivo de excelencia”. “Os datos das avaliacións son o combustible que facilita a transformación do sistema”, afirmou.

Román Rodríguez sinalou o informe PISA como unha das principais ferramentas para introducir melloras no sistema e salientou o éxito de Galicia neste estudo grazas ao traballo dos docentes e á estabilidade nas políticas públicas na nosa Comunidade. “No último informe, referido ao ano 2022, situámonos como líderes en equidade, ciencia e pensamento creativo e por riba da media da OCDE en todas as variables”, detallou. Segundo PISA, “en Galicia calquera estudante logra un bo rendemento sexa cal sexa a súa situación social, económica ou cultural”, declarou sobre a igualdade de oportunidades.

Relatores de prestixio

O foro de alto nivel educativo que se celebra hoxe na capital de Galicia enmárcase no acordo asinado coa Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) para planificar accións conxuntas na promoción de programas de innovación educativa, que incluíu tamén un seminario iberoamericano sobre transformación dixital e intelixencia artificial na educación, celebrado recentemente, entre outras actividades.

O encontro conta coa presenza de relatores de prestixio que coñecen en profundidade o informe PISA. Así, a primeira intervención, O estado das avaliacións no sistema educativo español, corre a cargo de Vicente Alcañiz, responsable do Instituto Nacional de Avaliación Educativa; mentres que a segunda, Que é PISA e cal é o seu propósito? é impartida por Joaquín Vera, xefe de servizo no devandito instituto e data manager de PISA en España. Pola súa banda, o doutor en Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid Ismael Sanz é o responsable da presentación Reflexión sobre o último informe PISA, os seus resultados en Galicia e as perspectivas futuras.

O foro inclúe a participación de relatores do país veciño. O doutor en Educación e especialista en desenvolvemento curricular pola Universidade do Minho José Augusto Pacheco imparte a conferencia A formación docente para a mellora das aprendizaxes dos alumnos; mentres que o doutor en Educación e especialista en formación do  profesorado pola Universidade de Coimbra Carlos Manuel Folgado Barreira é o responsable do relatorio O éxito do ‘caso portugués’ en PISA.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Un total de 40 empresas de toda España presentan propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA sobre intelixencia artificial no ensino

Noticias sobre Ensino - Xov, 11/07/2024 - 11:42

Summary: 

A Consellería de Educación expón os resultados da consulta preliminar do mercado co fin de buscar tecnoloxías para a posta en marcha do programa, para o que non hai ferramentas preexistentes que fagan fronte aos seus desafíos

Esta iniciativa pioneira agarda acadar investimento a través do proceso de Compra Pública Innovadora do Ministerio de Ciencia

Idioma Gallego

Un total de 40 empresas de sete comunidades autónomas presentaron propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA, a iniciativa pioneira da Xunta de Galicia para incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa. Así o explicaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, esta mañá na xornada EdugalIA: o reto de transitar cara unha xestión do sistema educativo informada pola evidencia, na que se expuxeron os resultados da consulta preliminar ao mercado deste proxecto, un proceso aberto o pasado mes de setembro para recoller solucións de empresas tecnolóxicas para facer realidade esta iniciativa.

Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, recibíronse 40 solucións innovadoras diferentes, das que o 12,5 % se presentaron de forma conxunta entre unha ou varias entidades e o 87,5 % restante de forma individual. A meirande parte das propostas (o 41,2 %) proceden de empresas galegas, seguidas das chegadas desde Madrid (29,4 %), Andalucía (8,8 %), Cataluña (8,8 %), Asturias (5,9 %), A Rioxa (2,9 %) e Valencia (2,9 %).

Malia detectarse unha gran capacidade innovadora, non se identificaron solucións preexistentes no mercado que sexan quen de abordar os retos de EdugalIA. Isto pon de relevancia a idoneidade de despregar un proceso de Compra Pública de Innovación (CPI) para a creación de solucións disruptivas que dean resposta aos desafíos do proxecto. Esta iniciativa pioneira da Consellería opta ao financiamento deste liña do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o que posibilitaría a súa posta en marcha.

Tres eixes de actuación

O proxecto EdugalIA céntrase en tres ámbitos prioritarios vencellados coa mellora da equidade e calidade do sistema educativo galego: a gobernanza, a creación do expediente dixital do alumnado e o desenvolvemento dun espazo común entre familias, centros e Xunta. No primeiro deles, impulsarase un novo modelo de Administración educativa dixital que sistematice a información procedente de múltiples fontes e formatos e permita analizar máis axilmente cuestións como o abandono temperá e crear itinerarios especializados.

O segundo ámbito ten como finalidade poñer a disposición do alumnado e das súas familias un expediente dixital para consulta que acompañe ao alumno ao longo do seu tránsito polo sistema educativo. Este documento incluirá datos de identificación, de escolarización, académicos ou sobre atención a necesidades de apoio, entre outros.

Finalmente, a través de EdugalIA habilitarase un punto único de contacto e acceso para alumnado e familias á información do seu interese sobre o sistema educativo. O obxectivo é que este sistema permita a participación e a comunicación útil entre todas as partes para a asistencia e axuda á toma de decisións.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez afirma que a oferta de FP no Salnés é unha garantía de futuro e traballo para a mocidade

Noticias sobre Ensino - Xov, 11/07/2024 - 11:39

Summary: 

O conselleiro de Educación presenta a oferta da comarca, que medra un 9 % ata as 1.525 prazas, aos alumnos dos obradoiros de emprego do Concello de Vilanova

Na xornada expóñense as opcións para compaxinar os estudos coa vida laboral e as posibilidades de acreditar competencias adquiridas pola experiencia profesional

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, puxo hoxe en valor a oferta de Formación Profesional na comarca do Salnés que, para o vindeiro curso 2024/25, medra en case un 9 % ata acadar as 1.525 prazas novas. Fíxoo nunha xornada divulgativa destas ensinanzas organizada polo Concello de Vilanova de Arousa no Pazo de Vista Real para os 34 alumnos dos obradoiros de emprego municipais coa presenza do alcalde, Gonzalo Durán. 

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, destacou o prestixio e a altísima empregabilidade da FP galega, que supera en xeral o 85 % e chega case ao 100 % na modalidade Dual Intensiva. Isto demostra a utilidade destas ensinanzas “para os alumnos, pero tamén para as empresas, que atopan profesionais cualificados capaces de desenvolver con gran rendemento as actividades de calquera sector, especialmente no momento actual, que esixe profesionais cualificados con todo tipo de competencias”, afirmou.

O conselleiro salientou, ademais, a confianza tanto das empresas como dos estudantes nestas ensinanzas na nosa Comunidade, que marcaron un récord de case 65.000 alumnos matriculados no curso que vén de rematar. “Estas cifras non serían posibles sen a confianza por parte das empresas e por parte dos propios alumnos, que comprenden a FP como unha vía profesional que mellore o seu futuro”, incidiu.

Novidades na oferta

Román Rodríguez subliñou que a oferta na comarca para o curso 2024/25 inclúe un total de 56 ciclos formativos, impartidos nos 11 centros da comarca. Como novidade, no Salnés ofértanse prazas en tres ciclos de FP Dual Intensiva (con 22 prazas cada un), dos que dous son novos nos seus respectivos centros: o de grao medio en Instalacións eléctricas e automáticas no CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía (centro que oferta tamén un grupo no ciclo grao superior de FP Dual intensiva en Mecatrónica Industrial) e o de grao superior en Automoción, que se impartirá por primeira vez no Instituto IES de Vilalonga.

No que atinxe aos másteres, entran novos o de Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas no Fontecarmoa e o de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información no Instituto IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa). Así mesmo, en FP Dual Xeral entran en funcionamento novos grupos do grao superior de Comercio Internacional e Documentación e administración sanitaria, con 50 prazas cada un deles, ambos no CIFP Fontecarmoa.

Ao longo da xornada presentáronse, entre outras, as opcións para compaxinar os estudos de FP coa vida laboral, a través da oferta modular para adultos. Así mesmo, detallouse o funcionamento da acreditación de competencias, que permite validar os coñecementos adquiridos pola experiencia profesional por unidades de competencia de módulos de FP, o que facilita seguir cursando ciclos formativos ás persoas traballadoras.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Levántate Xan!!! (Contos para bebés)

Axenda Cultural - Xov, 11/07/2024 - 11:30

11 de xullo, 11:30
Axencia de Lectura Municipal da Baña - A Baña - A Coruña

Texto de presentación da actividade

É noite na granxa de Xan. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar. Pero ese día algo sae mal. O galo non pode cantar; e se o galo non canta o sol non se levanta!… Non será que Xan esqueceu darlle a cea aos animais a noite anterior?
Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas no día a día na granxa de Xan.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

35 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/07/2024 - 11:30

Lugar de celebración

PAI

Categorías: Cultura

Obradoiro creativo infantil

Axenda Cultural - Xov, 11/07/2024 - 11:30

11 de xullo, 11:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña

Obradoiro creativo infantil no que as nenas e nenos realizarán cadros da natureza elaborando flores con papel e utilizando outros elementos como ramas, paus e follas

A cargo de Totem gestión

Espazo de obradoiros da planta baixa

Duración: 90 minutos

15 prazas

Inscripción previa a partir do 1 de xullo ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades

Categorías: Cultura

Contos de Magos

Axenda Cultural - Xov, 11/07/2024 - 11:00

11 de xullo, 11:00
Axencia de Lectura Municipal de Vilasantar - Vilasantar - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Contos fantásticos en todos os cales a maxia constitúe o elemento crave do desenvolvemento argumental, onde conviven fadas, meigas e trasnos; feitizos, misterios e emocións. Contos onde a realidade e a maxia xogan xuntas. Paraugas con poderes máxicos, meigas con alerxia á canela, crocodilos que saen ás horas punta da estación de Atocha, e feitizos que, en fin, ás veces saen do revés…

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4 a 11 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 11/07/2024 - 11:00

Lugar de celebración

Biblioteca

Categorías: Cultura

Feira Franca Medieval de Betanzos

Axenda Cultural - Xov, 11/07/2024 - 10:00

De 11 de xullo a 14 de xullo
Betanzos - Betanzos - A Coruña

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.
As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:

•    Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión  no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de CIDADE e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.

•    Incendio da cidade no ano 1569.

•    Outras representacións históricas: a Batalla das Figueiras e a Revolta Irmandiña.

•    Na terceira xornada prodúcese quizais a escena máis laboriosa de todas que recrea a peste a as doenzas que asolaron a cidade no ano 1381, e que conclúe cunha representación da expulsión dos leprosos da cidade.

•    Na tarde do domingo e na Praza dos Irmáns García Naveira ten lugar un torneo medieval a cabalo con representación dun xuízo de Deus e unha xusta, todo isto precedido dunha exhibición de tiro con arco e unha exhibición de cetraría.
Todo está complementado con gran cantidade de música e teatro de rúa. Malabares, representacións nas distintas prazas do Centro Histórico, xogos de lume, xograres, bufóns, etc. Ademais de case 150 postos dedicados á venda de distintos produtos.

Categorías: Cultura

Festas de San Benitiño de Lérez

Axenda Cultural - Xov, 11/07/2024 - 07:00

11 de xullo, 07:00
Mosteiro San Salvador de Lérez - Pontevedra - Pontevedra

Nun pequeno montículo, á beira do río Lérez, sitúase o mosteiro de San Salvador de Lérez, cunha capela dedicada a San Bieito, o santo milagreiro ao que se lle atribúe a curación de enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas. Ata aquí desprázanse os romeiros para asistir a algunha das continuas misas que se celebran desde a mañá, achegarse á pota de cobre onde se queima o aceite milagreiro para adquirilo ou untarllo aí mesmo, e cumprir co rito de pasar por debaixo do altar do santo para obter as súas bendicións. Entregan como ofrenda ao santo todo tipo de alimentos, que pola tarde se venden na tradicional poxa no adro da igrexa, e revalidan a fe no que, segundo o canto popular, é o santo máis milagreiro: “Se vas a san Benitiño / non vaias ao de Paredes,/ que hai outro máis milagreiro,/ san Benitiño de Lérez”. Tras a procesión polos arredores da igrexa, na outra beira do río, nun espazo fluvial de grande interese natural chamado Os Salóns do Lérez, os romeiros inauguran a tempada de festas do verán de Pontevedra, e dan conta de grandes cantidades de mexillóns e empanada que ofrece o Concello.

Destacado:
O ritual dos romeiros en torno á pota de cobre do aceite milagreiro. Adquiren pequenos frascos de aceite ou úntano no lugar afectado.

 

Categorías: Cultura

A maxia do verán

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 21:00

10 de xullo, 21:00
Praza do Concello - Taboadela - Ourense

Gran espectáculo de maxia.

Categorías: Cultura

Ornithology

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 20:30

10 de xullo, 20:30
Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples - Culleredo - A Coruña

Esta proposta, concibida para ser desenvolta en contornas naturais que favorezan unha escoita activa dos cantos dos paxaros e homenaxear o clásico Ornithology de Charlie Parker e Benny Harris, convoca a dúas das personalidades galegas máis relevantes nos seus ámbitos: o narrador Quico Cadaval e o saxofonista de jazz Pablo Castaño.

Partindo dun dos standard de jazz máis populares e tocados ate o día de hoxe, Cadaval dáforma a un relato libre no que transparenta vivencias e curiosidades da vida, mito e personalidade sonora de Bird, sobrenome de Parker, á vez que as coloca en diálogo coa historia musical local. Pablo Castaño dialoga e completa as progresións de Cadaval co seu saxo alto, reinterpretando pasaxes musicais tanto de Ornithology como doutros clásicos do Bebop; en suma, moldean unha experiencia na que se suceden a improvisación oral e musical con aderezos humorísticos, poéticos, irónicos e virtuosísticos, espertando sorpresa e alegría no público.

Categorías: Cultura

Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións

Noticias sobre Ensino - Mér, 10/07/2024 - 20:12

Summary: 

O conselleiro de Universidades defende realizar esta proba seguindo uns mesmos criterios para “garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado”

Galicia manterá a súa autonomía e competencias, “pero cunha mellor coordinación, quedando blindadas as súas singularidades e respectando a normativa”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia a importancia dunha ABAU común para todo o territorio español co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades entre todos os mozos e mozas. A medida porase en marcha a partir do vindeiro curso grazas ao traballo iniciado hai anos polo Goberno galego. Como lembrou, o acordo acadado agora entre 12 comunidades autónomas comezou en Galicia en 2018, “con moito traballo e numerosas iniciativas desde entón”. 

O titular de Universidades da Xunta lembrou que é unha cuestión de “coherencia e responsabilidade, ao funcionar España como distrito universitario único”. “A nosa Comunidade foi unha das grandes promotoras deste acordo que levamos anos reclamando ao Goberno central”, engadiu Román Rodríguez, quen criticou a “absoluta parálise do Estado” e a súa “aposta por un modelo que só afonda nas desigualdades”.

Grazas a esta iniciativa, o 70% do alumnado español poderá realizar a ABAU a partir do vindeiro curso cuns criterios comúns. Galicia liderou o “debate a nivel nacional e logrou sacar adiante dita iniciativa”, remarcou o representante da Xunta.

Principais necesidades desta iniciativa

No que respecta á forma, as persoas que se vaian a examinar terán o mesmo calendario, criterios de corrección e de puntuación, así como o mesmo número de opcións para escoller e número de preguntas nas materias comúns. No que ten que ver co contido das probas, desenvolveranse matrices de especificacións, é dicir, vincularanse os currículos e as competencias específicas cos criterios de avaliación e os saberes básicos. 

Neste contexto, Román Rodríguez lembrou que Galicia manterá a súa autonomía e competencias, “pero cunha mellor coordinación, quedando blindadas as singularidades de Galicia e respectando a normativa vixente”, concluíu o conselleiro.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 19:30

10 de xullo, 19:30
Parque Infantil (Rúa Francisco Vilasuso) - O Vicedo - Lugo

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais das Hortas

Categorías: Cultura

A Xunta mantén o seu compromiso coa Escola Superior de Arte Dramática, en Vigo, e prepara novas actuacións de mantemento do centro

Noticias sobre Ensino - Mér, 10/07/2024 - 19:08

Summary: 

O conselleiro de Educación explica que o investimento en melloras se eleva a máis de 225.000€, incluíndo a nova obra que se vai realizar para solucionar filtracións

O centro realiza un número importante de actividades e eventos e conta cunha destacada proxección internacional

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reafirmou hoxe no Parlamento o compromiso da Xunta coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), en Vigo. Neste sentido, anunciou unha nova obra para solucionar, definitivamente, os problemas de filtracións que se producen na cuberta do teatro do centro, por importe de 45.000€ e que se acometerá antes do remate do ano. “Esta nova actuación eleva a máis de 225.000€ o investimento en mantemento e melloras do centro desde a súa inauguración en 2010”, destacou. 

O titular do departamento educativo da Xunta incidiu en que se trata de pequenos axustes de conservación do inmoble, que non afectan en ningún caso á seguridade da comunidade educativa. Tal e como explicou, o tipo de cuberta do edificio, de carácter plano, ocasionou varios episodios de filtracións, que a Consellería está a solucionar coa máxima celeridade.

Román Rodríguez puxo en valor as instalacións deste centro, no que estudaron o pasado curso 157 alumnos, que conta cunha superficie total de 6.145 m² dotada, entre outros espazos, de vestiarios, salas de reunións, aulas de expresión dramática e un teatro cun aforo de 120 persoas, sobre o que se vai realizar a nova actuación de mantemento. 

Cómpre destacar que a ESAD realiza un número importante de actividades e eventos, entre eles a interpretación da Ópera Le Villi o presente curso en colaboración co Conservatorio Superior de Música da Coruña e outros centros da Comunidade Autónoma. Conta, ademais, cunha proxección internacional, participando activamente no programa de mobilidade Erasmus+.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Lexislación

Verán no Gaiás-Crassh Xiri Tour | Wetumtum

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 19:00

10 de xullo, 19:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura - Santiago de Compostela - A Coruña

Crashh_Xiri é un espectáculo cun idioma propio: o “crasshonês”. A última produción dos Crashh, un espectáculo con enerxía, humor e un ritmo contaxioso que reune toda a traxectoria do grupo para xuntar a nenos, nenas, familias e público xeral.
A compañía portuguesa Wetumtum trae percusións, temas atemporais e moito humor ao que se unen a sons electrónicos nunha experiencia única e participativa para que goce todo tipo de público. Un espectáculo que xa recibiu o Premio do Público no Festival Internacional de Teatro de Castela e León 2021.
 

Categorías: Cultura

Aitana e a avoa, e outros contos violetas

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 16:30

10 de xullo, 16:30
Axencia de Lectura Municipal de Caión - A Laracha - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas.  Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 anos en diante)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 03/07/2024 - 16:30

Lugar de celebración

Biblioteca de Caión

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

O xogo das escritoras

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 12:30

10 de xullo, 12:30
Biblioteca Pública Municipal de Carballedo - Carballedo - Lugo

Texto de presentación da actividade

Divertido e xigantesco xogo da oca no que, amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres. Unha actividade adaptable á idade das participantes e pensada para o Día das Escritoras ou para calquera outro día do ano.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

80 minutos

Sesións

  • Sesión única: 10/07/2024 - 12:30

Lugar de celebración

Pabillón Municipal do Concello de Carballedo

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Hocus Pocus

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 12:30

10 de xullo, 12:30
Centro Sociocultural San Cosme - Barreiros - Lugo

Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 

A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobretodo inesquecibles.

Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!!!!

Categorías: Cultura

A Pita Xefa

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 12:00

10 de xullo, 12:00
Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo - Viana do Bolo - Ourense

Texto de presentación da actividade

Adaptación ao teatro de monicreques da obra "A Pita xefa" de Marta Lado, editada por Baía Edicións: Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola igualdade. 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-10 anos)

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 17/07/2024 - 12:00

Lugar de celebración

Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Categorías: Cultura

Cóntoche un baile

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 12:00

10 de xullo, 12:00
Biblioteca Pública Municipal de Irixoa - Irixoa - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Dunha maneira divertida achegarémonos á musica, bailes e xogos tradicionais das culturas galega e portuguesa. Buscando un antídoto contra o tedio que ás veces nos derrota, proporemos bailes e xogos que non han deixar indiferente ós participantes deste movido obradoiro. Moi acaído para todo tipo de públicos é moi recomendable para un público familiar no que pequenos e grandes poidan gozar xuntos
 

Programa

Campamento de verán

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 10/07/2024 - 12:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal

Categorías: Cultura

Da árbore ao libro

Axenda Cultural - Mér, 10/07/2024 - 11:30

10 de xullo, 11:30
Biblioteca Pública Municipal de Arbo - Arbo - Pontevedra

Texto de presentación da actividade

Como se fai un libro? Que agocha dentro ademais dunha historia? Cantas persoas fan falla para facelo? Que clases de libros hai? En Cuarto de Inverno somos parte do nacemento do libro como un obxecto, pero a historia é máis antiga. Nunha sesión de contacontos manipulativo poderemos ver distintos materiais para elaborar un libro, veremos os libros máis raros da historia e faremos un minilibro.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir de 7 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 10/07/2024 - 11:30

Lugar de celebración

Biblioteca Segundo Gil Dávila

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut