Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

DÍA DO PEÓN 2024

Xa se acerca o San Martiño, e sabemos que debemos sacar os peóns ao camiño. 

O alumnado xa empezou a decorar os seus peóns preparándose para o vindeiro martes 12, onde celebraremos a nosa tradicional festa. 

 

A Asociación Brinquedia xa está preparada para esta celebración

PASAPALABRA DO DÍA DO PEÓN

 

IGUALDADE - OBRADOIROS ORGANIZADOS POLO ANPA

O ANPA do centro acaba de organizar uns obradoiros relacionados coa igualdade na que participou todo a comunidade educativa.

IGUALDADE - MICROMINA TEATRO DE TÍTERES - COUSAS DE CASA

O xoves 24 de outubro temos unha actividade enfocada na igualdade grazas ao ANPA que corre a cargo da compañía Micromina Teatro de Títeres.

 

A obra de hoxe titúlase: 

 

É u espectáculo para grandes e pequenos sobre a conciliación e igualdade, con títeres de guante e música en directo, onde o amor e o humor guían e aconsellan nas nosas relacións familiares. 

GNIGHT - A NOITE DAS CONCIENCIAS CIENTÍFICAS

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participará na GNight este 27 de setembro de 2024 nos seguintes obradoiros:

1. [Unha viaxe do asfalto ao mar: ensaiando motores eléctricos e redes de pesca sen saír do laboratorio]

2. [Obradoiro de Matemáticas] 

3. [Obradoiro de Robótica Intelixente]

 

Para máis información ver a páxina oficial GNIGHT

 

 

As familias tamén podedes asistir en horario de 17 a 20 h, de xeito particular: na web https://gnight.gal/ pódese acceder á programación completa das 7 cidades galegas e as invitacións para asistir aos obradoiros tecnolóxicos do CITENI no Campus Industrial de Ferrol, en horario de tarde, descárganse aquí: http://citeni_udc.eventbrite.com.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CALENDARIO DE ACTIVIDADES FINAIS

CALENDARIO DAS EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO

MARTES 28

PATINAXE (unicamente o grupo de patinaxe do martes) A exhibición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade no propio pavillón. 

MÉRCORES 29

PATINAXE (unicamente o grupo de patinaxe do mércores) A exhibición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade no propio pavillón.

XOGANDO COA CIENCIA (unicamente o grupo de ciencias do mércores) A exposición se levará a cabo nos últimos 30 MINUTOS de actividade na propia aula.

XOVES 30

BAILE. A exhibición terá lugar nos últimos 20 MINUTOS de actividade no propio pavillón.

VENRES 31

TEATRO (unicamente o grupo de teatro do venres)A exhibición terá lugar nos últimos 30 MINUTOS de actividade na propia aula. 

O grupo de TEATRO dos xoves. Realizará o peche de curso no Teatro con G.

Por último, quería pedirvos a vosa colaboración na difusión das exhibicións de cara ás familias. As monitoras avisarán ás familias os últimos días de actividade, pero se tedes algunha forma de avisalas vós tamén e recordarllo, o agradecería enormemente.

OS MAIOS

Un ano máis grazas á participación de toda a comunidade educativa logramos facer un maio á altura do noso xogo popular.

Noraboa a todos/as polo gran traballo.

 

XOGOS INCLUSIVOS

O centro segue catalogando material que contemple a igualdade e a inclusión para o uso nas aulas.

Na biblioteca temos unha serie de recursos (xogos) novos que podedes consultar a través do acceso aos fonfods da biblioteca do centro EDUBIB Koha (xunta.gal).

 https://ceipesteiro.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=956&sortfield=title

Tamén tedes a relación dos xogos no documento adxunto. 

FEIRA DO LIBRO EN FERROL

O Concello de Ferrol organiza a Feira do Libro dende o 19 ao 21 de abril.

No adxunto tedes o cartaz dispoñible.

BAXI FERROL - VISITA AO CENTRO

O 10 de abril tivemos a sorte de recibir a visita dalgúns membros do equipo de baloncesto feminino da nosa cidade, o BAXI FERROL.

Compartiron un rato con todo o alumnado do centro, contestando a todas as dúbidas e consultas que lle fixeron; e por riba ao rematar practicaron uns tiros as canastas.

Grazas pola visita e sorte neste treito final do campionato.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut