Skip to Content

 

   

Secretaría

Documentos de secretaría

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

DATAS DE INTERESE:

  • 1 ao 8 de novembro --> prazo de presentación de candidaturas a través do formulario dispoñible no punto 7

  • 19 de novembro --> VOTACIÓNS en diferentes horarios:
    9:00 a 9:30
    13:45 a 14:15
    16:00 a 16:15
    17:45 a 18:00

 

 

 

Este ano celebramos eleccións ao Consello Escolar, a continuación tedes toda a información relacionada co proceso:

  1. Publicación no DOG da Resolución do 19 de setembto de 2022.
  2. Circular informativa anunciando o sorteo da Xunta Electoral e o proceso.
  3. Sorteo público o 18 de outubro ás 13:30 para a designación dos integrantes da xunta electoral.
  4. Citación aos membros seleccionados para constituir a Xunta Electoral o día 22 de novembro.
  5. Constitución da Xunta Electoral o día 22 de novembro.
  6. Calendario de actuacións. 
  7. Folla (formulario) para a presentación de candidaturas. (Ata o 8 de novembro)
  8. Candidaturas presentadas para o sector das familias

INICIO DO CURSO 2024-2025

Estimadas familias, un novo curso comeza con novas ilusións e retos.

 

 

ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA

  • O curso comeza o día 11 de setembro ás 9:00 ata as 14:00.
  • O alumnado de infantil accede pola porta de acceso 1 e o alumnado de educación primaria pola porta 3 (aquel alumnado que teña irmáns en infantil pode acceder pola porta 1). 
  • O horario de apertura de acceso ao centro é a partir das 08:50 exclusivamente para o alumnado, sendo vixiado o interior polo profesorado asignado. 
  • As familias poderán acceder a partir das 9:10  ao interior do centro por cuestións administrativas.
  • O alumnado de primaria terá un acto de benvida en usos múltiples, non precisando traer ningún material escolar para dita xornada.

 

HORARIO ANUAL DO ALUMNADO

NIVEL HORARIO ENTRADA HORARIO SAÍDA PORTA
4ºEI 9:05 13:45 1
5ºEI 9:00

13:50

1
6ºEI 9:00 13:55 1
1ºEP 9:00 14:00 3
2ºEP 9:00 14:00 3
3ºEP 9:00 14:00 3
4ºEP 9:00 14:00 3
5ºEP 9:00 14:00 3
6ºEP 9:00 14:00 3

 

COMEDOR ESCOLAR

  • Comezará o día 11 de setembro de 2024 nas quendas de almorzo e xantar e rematará o día 20 de xuño de 2025. O alumnado apuntado no aplicativo Colechef con antelación.
    As familias podedes anotar ou cancelar o servizo de luns a venres sempre antes das 18:00.

  • Importe
    Almorzo 2,42€
    Xantar 5,46€

  • O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

    1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h. (o alumnado ten de horario límite para entrar ás 8:30)
    2. Servizo de xantar de 14:00 a 16:00h. (o monitorado fará dúas horas de saída: ás 15:30 e ás 16:00, aquel alumnado que asista ás actividades extraescolares será entregado ao monitorado de cada actividade).

    Para poder apuntarse ao servizo é preciso inscribirse a través do aplicativo COLECHEF.

CONSULTA DE DÚBIDAS SOBRE A APP
Teléfono de contacto: 942 420 018
soporteapp@colechef.com

 

PROBLEMAS PARA ANOTARSE NO ALMORZO OU XANTAR 

Enviar un correo electrónico ao enderezo info@alimentacionsaludablegallega.net

Indicar o centro (CEIP Esteiro), o nome e apelidos do/a usuario/a

 

TELÉFONO COMEDOR URXENCIAS 

 Teléfono de contacto do comedor do CEIP Esteiro: 619 99 36 24

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (o alumnado levará a folla de inscripción nos vindeiros días)

  • Comezarán en outubro ata maio
  • Cada actividade terá unha duración de 90 minutos dende as 16:00 ata as 17:30.

    ACTIVIDADE

    ALUMANDO AO QUE SE DIRIXE

    DÍA DA SEMANA

    RECURSOS DO CENTRO

    1.

    Patinaxe: patíns [EI]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    Luns

    Pavillón

    2.

    Patinaxe: patíns [EP1-EP2]

    1º e 2º Ed. Primaria

    Martes

    Pavillón

    3.

    Patinaxe: patíns [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Mércores

    Pavillón

    4.

    Debuxo e pintura [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Martes

    Usos múltiples

    5.

    Debuxo e pintura [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Luns

    Usos múltiples

    6.

    Baile moderno [EP1-EP6]

    1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º Ed. Primaria

    Xoves

    Pavillón

    7.

    Xogando coa ciencia [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Mércores

    Aula creativa

    8.

    Xogando coa ciencia [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Venres

    Aula creativa

    9.

    Teatro [EI-EP2]

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2º Ed. Primaria

    Venres

    Usos múltiples

    10.

    Teatro [EP3-EP6]

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Xoves

    Usos múltiples

    11.

    Xogos cooperativos e xogos populares

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Mércores

    Usos múltiples e patio cuberto

    12.

    Guitarra

    4º, 5º e 6º Ed. Infantil

    1º e 2ºEd. Primaria

    Xoves

    Aula de música

    13.

    Guitarra

    3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria

    Martes

    Aula de música

CALENDARIO DE DATAS DE INTERESE

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-2025

As actividades extraescolares comezarán o vindeiro 01 de outubro 2024.

A relación de actividades é a seguinte:

 

Os espazos onde se celebrarán as distintas actividaes están dispoñibles no adxunto.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS SETEMBRO 2024

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS EN SETEMBRO 2024

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL - mércores 4 de setembro [10:30]

5º EDUCACIÓN INFANTIL - venres 6 de setembro [10:30]

6º EDUCACIÓN INFANTIL - venres 6 de setembro [10:30]

1º EDUCACIÓN PRIMARIA- martes 10 de setembro [10:00]

2º EDUCACIÓN PRIMARIA- martes 10 de setembro [10:00]

3º EDUCACIÓN PRIMARIA- luns 9 de setembro [10:00]

4º EDUCACIÓN PRIMARIA- venres 6 de setembro [11:30]

5º EDUCACIÓN PRIMARIA- venres 6 de setembro [11:30]

6º EDUCACIÓN PRIMARIA- luns 9 de setembro [11:00]

 

 

 

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

A relación de libros de texto para o curso 2024-2025 está dispoñible no adxunto.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

 

Iníciase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES:

     luns a venres de 9 a 10 horas
venres de 13 a 14 horas
martes de 16 a 19 horas

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

                                                                                                                   

BENEFICIARIAS

As familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

  • a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

  • b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

  • c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

Cálculo da renda per cápita da unidade familiar: sumar os recadros 435 e 460 da declaración ou declaracións e dividir entre o número de membros da unidade familiar. Aquelas familias que non fixeron declaración da renda correspondente ao ano 2022 deben ter en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT. No caso de que algún membro da unidade familiar teña recoñecida algunha discapacidade (igual ou superior 33%), dito membro computa por dous.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 21 de maio ao  21 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

As solicitudes presentaranse:

  1. Por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  2. De xeito presencial no centro (pode descargar o impreso no enlace que figura máis abaixo).

 

MOI IMPORTANTE: tanto para ter dereito ás axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2023/2024 (enviarase comunicado coas datas e horario establecido para tal fin).


                      Para máis información ou calquera dúbida preguntar chamando ao teléfono 981352904 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: 5 de xullo publicado no taboleiro de anuncios do interior do centro

PRAZO DE RECLAMACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: dous días hábiles dende a publicación 8 e 9 de xullo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 11 de xullo  consultar no taboleiro de anuncios do interior do centro. 

 

RECOLLIDA DE VALES DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: (horario de 10 a 13H)

  • 1º e 2º o 15 de xullo
  • 3º e 4º o 16 de xullo
  • 5º e 6º o 17 de xullo

 

 Os libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º será entregado ao comezo do curso 2024-2025

ADMISIÓN 2024-2025

Con data 15 de maio de 2024 están publicadas as listaxes definitivas para o curso escolar 2024-2025.

A listaxe está dispoñible no taboleiro do interior do centro.

ADMISIÓN 2024-2025 - PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

Con data 25 de abril de 2024 están publicadas as listaxes Provisonais de admitidos/as para o curso escolar 2024-2025.

A listaxe está dispoñible no taboleiro interior do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut