Skip to Content

 

   

Quen somos, Museo do Xogo Popular

O noso centro

      O CEIP de Esteiro é un centro público que imparte ensinanzas obrigatorias de Educación Infantil e Primaria. Sito no barrio de Esteiro e cercano aos barrios de O Pilar-Recimil e Caranza, a carón dun dos máis importantes centros produtivos da nosa comarca, hoxe Navantia, antes Izar e moito antes Bazán e o Estaleiro. Aló polo ano 1984,  botou a andar este centro educativo que en continuo avance e renovación está plenamente involucrado coa cultura galega máis tradicional, tendo como referencia o Museo do Xogo Popular, que un pode visitar nas nosas instalación e que foi froito dun Programa Europeo e da colaboración dos integrantes de toda a comunidade educativa. No presente, o centro segue atento na conservación e espallamento da cultura galega en todos os seus ámbitos e, asemade  é potenciador do espíritu europeísta, representado,  neste intre, polas estadías de formación por parte do noso profesorado en diferentes países europeos. Desa inquedanza pola modernidade, o europeísmo e o fornecemento da nosa cultura,  xorde a necesidade de achegar o noso labor alén das nosas pequenas fronteiras físicas, utilizando un medio tan globalizador como é a rede, renovando a nosa web e tentando adaptala ás novas necesidades e inquedazas da comunidade educativa do centro. Con todo este labor, soamente pretendemos poñer a nosa pequena pedra a prol da Educación a Cultura e o progreso de Galicia e por ende de todo este mundo tan globalizado onde nos atopamos.

 

Avenida de Vigo S/N, 15403 Ferrol
Teléfono: 981352904 Fax: 981352905 
Móbil: 698179553
Correo electrónico: ceip.esteiro@edu.xunta.es

  
 HORARIO XERAL

  O noso horario escolar desenvólvese en xornada de mañá de 9 a 14 horas.

SERVIZOS

  Dispoñemos de servizo de almorzos pola mañá e de xantar no comedor escolar.

 De luns a venres desenvólvense diversas actividades extraescolares para o alumnado. Varían segundo a oferta e a demanda de cada ano. 

HORARIO DAS TARDES DOS MARTES (PROFESORADO)

De 16:00 A 17:00 Titorías.

De 17:00 A 19:00 Reunións dos distintos equipos.

GARDAS DE TARDE

DE 16:00 a 18:00   Dous profesores/as un deles dedicado á biblioteca (16:00 a 17:00 h).

 

PROFESORADO

E.I. 3 ANOS: María Mesía Pita

E.I. 4 ANOS: María Ponte Pita

E.I. 5 ANOS: Soraya Restrebada Corral

Apoio a E.I: Ana Mª Ríos Grueiro

1º E.P.: Olga Lodeiro Malde

2º E.P.:
 Sara Veiga Ramos

3º E.P.: María Pilar Seoane Martínez

4º E.P.: Elena Beatriz González Melchor

5º E.P.: Jorge Aguado Amado

6º E.P.: Natalia Méndez Romero /Francisco José García Suárez

E.P.: Mª Begoña Romero Martínez

Educación Musical: Natalia Méndez Romero

Educación Física: Gonzalo Beceiro Bellas

Lingua Inglesa: Víctor M. Varela Negreira / Camila Del Piero

Relixión Católica: Marta de la Hoz Casares

Relixión Evanxélica: Cristina Rodríguez González

Orientación: José Ramón Núñez Roca

P.T: Ana Lobeiras Fernández / Patricia Rial Mosteiro / María Méndez Souto

A.L.:  Sabela Agulló Díaz / María Carpente Bosch

  

 CONSELLO ESCOLAR

Sector do Profesorado:

Víctor Manuel Varela Negreira

Ana Ríos Grueiro

Mª Begoña Romero Martínez

Ana Lobeiras Fernández

Gonzalo Beceiro Bellas

Elena Beatriz González Melchor

María Ponte Pita

Patricia Rial Mosteiro

Sector Familias do alumnado:

Raquel Vale López

Rosa Isabel Macías Pote

Marco Antonio Campo Cabana

Alicia Munín López

Sector Persoal non docente:

Eva García Beceiro

Representante proposto polo Concello de Ferrol:

Cristina Prados Rubio

Representante proposto pola ANPA do Centro:

Isabel Martínez Sánchez 

 

 

OS XOGOS POPULARES

 

Que xogos rondan os nosos corredores...

   
O PEÓN (S/V) OS ZANCOS (C/V)  A CHAVE (S/V)
     
A COMBA (C/V) AS CHAPAS (C/V) A PETANCA (S/V)
     
A PITA CEGA (C/V) OS BOLOS (C/V)  O ARO(C/V)
   
A MARIOLA (C/V) A RODA (C/V) O PANO (S/V)
     
O BOLICHE (C/V)    

 

 

XOGO POPULAR - O BOLICHE

O BOLICHE

Que tipo de xogo é?

 Xogo que consiste en introducir o boliche dentro dun recipiente ou polo furado da pá.

Idade: de 4 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico

XOGO POPULAR - A COMBA

A COMBA

Que tipo de xogo é?

Consiste en empregar unha corda e nun espazo amplo saltar o maior número de veces posible.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos

 

XOGO POPULAR - A RODA

A RODA

Que tipo de xogo é?

Os xogos de roda ou corro consisten en que, ben a familia ou un grupo de nenos/as dirixido por unha persoa adulta (se se trata das primeiras idades), ben unha cuadrilla de nenos/as autónomos, fagan a roda e canten, a tempo que realizan as accións que a cantiga que verbalizan vai demandando.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos

XOGO POPULAR - A MARIOLA

A MARIOLA

Que tipo de xogo é?

Existen infinitas formas da mariola (o debuxo no chan, con casas, que pode facerse cun xiz, cun garabullo... dependendo do tipo de terreo) por Galicia adiante. O grupo decide a orde de intervención tirando unha tella ou pedriña a unha raia. Cada xogador/a comeza tirando a tella ao número un. Despois, sen tocar as raias e saltando cunha perna soa, irá empurrando a tella tratando de metela, sucesivamente, en cada un dos cadros, ata chegar ao último número, e volver.

 

Sacada a tella do truco, volve empezar, pero lanzando agora ao cadro número dous e realizando todo o proceso de novo. Repítese a operación sucesivamente, cada vez lanzando ao cadro seguinte, ata chegar ao último número. Cando o xogador/a en cuestión comete un fallo, cédelle a vez ao seguinte.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico

 

XOGO POPULAR - OS BOLOS

OS BOLOS

Que tipo de xogo é?

O xogo practícase nun terreo chan e libre, no que se marca, a zona de lanzamento, o fite, a liña de 15 e a liña de 20 (cando o terreo é suficiente, pódese marcar incluso a de 30). Aínda que non é imprescindible, cómpre que no extremo final do campo exista un obstáculo natural que pare os birlos, dado que é relativamente fácil extravialos.

Interveñen cando menos dous xogadores/as enfrontados, aínda que poden participar catro ou máis, por parellas ou equipos. Situados os nove birlos no seu lugar (permanentemente marcado enriba dunha laxe dura), arrebólase a bóla contra eles tratando de tirar o maior número posible.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos

 

XOGO POPULAR - A PITA CEGA

A PITA CEGA

Que tipo de xogo é?

Os xogadores/as sitúanse en corro. A un deles/as, no centro do corro, tápanselle os ollos. Unha vez “cego/a”, fáiselle dar voltas sobre si mesmo/a para desorientalo. Desfaise o corro e a “pita cega” tratará de pillar algún/ha dos outros/as participantes. Con aquel/a que pille, intercambiará os papeis

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos

XOGO POPULAR - A PETANCA

A PETANCA

Que tipo de xogo é?

Xogo importado de Francia arredor do século XVIII, constitúe unha sosegada actividade de lanzamento de precisión. Precísanse varias bólas metálicas, duns 7 cm de diámetro, e un boliche, bóla moito máis pequena (similar a unha canica) de madeira.

O xogo pode practicarse individualmente ou por equipos. Escollido o equipo que empeza, facendo unha tirada, o primeiro xogador/a escolle lugar de lanzamento e traza arredor del un círculo duns 35-50 cm de diámetro. Lanza, entón, o boliche. A continuación, el mesmo ou alguén do seu mesmo equipo, lanzará a primeira bóla, tratando de arrimala ao boliche (este xogador, por razóns evidentes, recibe o nome de arrimador).

Seguidamente, os elementos do outro equipo lanzan tantas veces como sexa necesario ata que conseguen situar unha das súas bólas máis preto do boliche ca a bóla lanzada en primeiro lugar.

Volve, entón, o equipo orixinal lanzar. Gaña punto aquel equipo que consiga situar unha das súas bólas máis preto do boliche. O xogador/a gañador será o encargado de iniciar o novo tanto lanzando o boliche cara ao lado contrario do campo, segundo temos descrito.

Algunhas regras básicas do xogo son estas:

- Os pés do xogador/a que lanza non poden levantarse totalmente do chan.

- O lanzador/a non pode saír do círculo ata que a bóla toque o chan.

- O lanzador/a debe estar totalmente situado no interior do círculo.

- É válido darlle ás bólas xa situadas no chan para arredalas do boliche, e mesmo a este para modificar a súa posición.

- Cada xogador/a dispón dunha ou dúas bólas.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos

 
 

XOGO POPULAR - AS CHAPAS

AS CHAPAS

Que tipo de xogo é?

Cada participante colle unha chapa dun refresco e mesmo lle introduce lama, para facela máis pesada e máis controlable. A técnica de lanzamento é similar á das bólas. Cada participante tira tres veces seguidas, sempre que non perda por guindar a chapa fóra ou por caer nalgunha das áreas de perigo.

As regras deben acordarse, tendo en conta, ademais, o camiño trazado e os obstáculos que se lle puxeron. Non obstante, parecen consensuadas as seguintes:

- Se a chapa sae fóra, chegado de novo a súa vez, o seu dono situaraa alí onde saíu a chapa para continuar o camiño.

- Se a chapa cae no cárcere ou na morte, débese empezar de novo.

- Pódese tentar pasar polos atallos, pero se a chapa sae fóra, tamén se debe comezar de novo na saída.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade

Distribuir contido


by Dr. Radut