Skip to Content

 

   

Biblioteca

RADIO NA BIBLIO - FORMACIÓN DO ALUMNADO

Radio Buxaina segue o seu camiño, aprendendo, paseniño a paseniño. Esta semana tocoulle ao grupo de 5º de primaria recibir unha sesión de formación por parte de Rede Espora

Despois dunha sesión teórica na aula, acudiron en grupo á biblioteca escolar, para realizar a gravación dun podcast. 

Foi un día intenso pero moi interesante, xa desexando gravar novas cousas!

Grazas a Rede Espora e, en concreto, a Denís, polo seu traballo. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  PEPABLO PATINHO

O vindeiro mércores 25 de outubro co motivo da celebración do Dia das Bibliotecas escolares teremos a visita de Pepablo Patinho que pasará un rato divertido co alumnado na seguinte orde de quendas:

 

  • Infantil de 10:00 a 10:30
  • 4º, 5º e 6º de 10:45 a 11:15
  • 1º, 2º e 3º de 12:00 a 12:30

A diversión terá lugar no salón de usos múltiples.

BIBLIOGRAFÍA DESTACADA

   

 

FEIRA DO LIBRO EN FERROL

Dende o centro animámosvos a participar desta xornada adicada ao libro.

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas, pero... sabedes por que se celebra este día? Conmemórase desde o ano 1997, recordando a destrución da biblioteca de Sarajevo, na guerra dos Balcáns en 1992. Nesta guerra a biblioteca incendiouse, e perdéronse centenares de miles de libros, algúns de moito valor.

Desde o Ministerio de Cultura e Deporte programan unha serie de actividades e no seguinte enlace poderedes ver toda a información relacionada con esta conmemoración:

https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/dia-bibliotecas-2022/presentacion.html

Ademais o cartaz deste ano, foi realizado por Xulia Vicente, ilustradora nada en Cariño. 

Na escola, tamén conmemoraremos esta data, cunha visita moi especial. Será o día 21 de outubro e compartiremos con Antón lecturas, xogos e moitas aprendizaxes.

 

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso a biblioteca da escola abríu as súas portas a inicios de outubro. Despois de dous anos con restriccións, retomamos o uso da biblioteca na hora de lecer, onde o alumando poderá:

  • Coller ou devolver libros, pelis, revistas...
  • Empregar o recanto LEGO
  • Xogar cos xogos de mesa
  • Utilizar os ordenadores
  • Ler, estudar...

Todo esto grazas á colaboración dos axudantes da Pescadora de Historias, alumnado de 5º e 6º que, de xeito voluntario, acude no recreo á biblioteca para axudar e dinamizar todas actividades realizadas. 

 

 

 

 

VISITA DE PERE TOBARUELA

"Cinco horas con Mauro" é un libro que trata sobre o acoso escolar, lectura que forma parte do itinerario lector de 5º e 6º EP. O propio autor compartirá unha sesión co alumnado o día 14 de marzo.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller publicamos na nosa radio escolar, Radio Buxaina, a entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 6º EP a Patricia Barciela, directora da DOMUS, museo interactivo do corpo humano. 

E tamén preparamos unhas caixas temáticas con libros sobre igualdade, loita contra os estereotipos, revisión de contos populares... 

Ademais podedes consultar o catálogo sobre igualdade da nosa biblioteca no seguinte enlace:

LECTURAS IGUALDADE

 

ATOPA UN LIBRO DA TÚA IDADE

No mes de xaneiro, desde a biblioteca, fixemos a proposta de buscar libros do ano de nacemento dos usuarios e usuarias da biblioteca escolar. Esta actividade ten como obxecto saber localizar datos no libro, fixándonos no ano de edición. Foi unha actividade que tivo moita aceptación como poderedes ver na imaxe do noso corredor, decorado con todas as fotos dos libros atopados. 

DÍA DA PAZ 2024

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia o equipo de biblioteca facilitou diferentes caixas con lecturas relacionadas coa resolución de conflitos, a empatía, a solidariedade... 

Toda a comunidade educativa ten a súa disposición os libros relacionados coa paz dos que dispoñemos na biblioteca da escola. Podedes consultar cales son no seguinte enlace: 

LECTURAS PARA A PAZ

ACTIVIDADES DE NADAL

Como vimos facendo desde hai uns anos, no mes de decembro a biblioteca reune ao alumnado para facer unha morea de actividades. Por unha banda, ofrecemos unha selección de lecturas relacionadas co Nadal e, por outra, programamos unha sesión de xogos para o alumnado de 3º a 6º de primaria. Para o resto do alumnado, nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria, o alumnado do Club de Lectura preparou un contacontos creado por eles mesmos. 

Premendo nos seguintes enlaces poderedes ver as publicacións no blog da biblioteca.

Exposición de lecturas

Xogos

Contacontos

E para as familias elaboramos unhas recomendacións lectoras, que esperamos sexan do voso interese.

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2023/12/recomendacions-para-o-nadal.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut