O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas, pero... sabedes por que se celebra este día? Conmemórase desde o ano 1997, recordando a destrución da biblioteca de Sarajevo, na guerra dos Balcáns en 1992. Nesta guerra a biblioteca incendiouse, e perdéronse centenares de miles de libros, algúns de moito valor.
Desde o Ministerio de Cultura e Deporte programan unha serie de actividades e no seguinte enlace poderedes ver toda a información relacionada con esta conmemoración:
Ademais o cartaz deste ano, foi realizado por Xulia Vicente, ilustradora nada en Cariño.
Na escola, tamén conmemoraremos esta data, cunha visita moi especial. Será o día 21 de outubro e compartiremos con Antón lecturas, xogos e moitas aprendizaxes.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |