Estimadas familias este ano ante a situción sanitaria ocasionada pola COVID o servizo de comedor (almorzo e xantar) será únicamente de uso par os COMENSAIS FIXOS de xeito que se poida facer un uso seguro do/s espazos habilitados para o servizo.
Adxunto tedes a información e o FORMULARIO de inscrición que debedes cubrir e enviar por correo electrónico á empresa Serunión ao correo electrónico galicia@serunion.elior.com ou ao fax 986454013.
É importante que dito formulario sexa enviado 72 horas lectivas antes do uso do comedor para que poida usar o servizo.
Características do servizo:
- Almorzo: 07:30 a 08:50
- Xantar: 14:00 a 15:30
As familias que teñades BECA DE COMEDOR debedes solicitar o servizo igualmente cumprimentando o formulario e enviando o mesmo ao correo electrónico de arriba.