O sábado día 16 Ferrol celebrará o seu I DÍA DA FAMILIA, mediante a posta en marcha dun programa de actuacións organizado pola Asociación de Veciños da Madalena e financiado polo Concello de Ferrol.
O I DÍA DA FAMILIA DE FERROL terá como epicentro principal a praza de Amboaxe.
As 11 da mañá, o antigo Hospicio situado na rúa Méndez Núñez, acollerá aos participantes do I CERTAME DE PINTURA RÁPIDA DO DÍA DA FAMILIA DE FERROL que previamente deberán inscribirse enviando un correo a
diadafamiliadeferrol@gmail.com. As bases poden consultarse nas redes sociais da asociación
@avv.da.madalena. Os artistas poderán realizar a súa obra baseada no barrio da Madalena ata as 19 h., momento no que deberán achegar as súas propostas ao propio Hospicio no que un xurado valorará cada unha delas e otorgará os premios, 300 euros á mellor obra e 100 a segunda e terceira, respectivamente.
O programa continuará ás 11:30 h., na propia praza de Amboaxe, momento no que comenzará a divertida competición familiar de XOGOS TRADICIONAIS, nos que centenares de familias de Ferrol poderán desfrutar coa participación en xogos populais como o pañuelo, tira da corda, carreiras de sacos… Haberá dous sesións. Unha ás 11:30 e outra ás 12:30 h.
Para participar as familias deberán enviar previamente un Whatsapp ao número: 663 333 863 indicando o nome da familia, número de membros (máx. 5) e a sesión que prefire (11:30 ou 12:30 hrs).
A familia gañadora desfrutará dun gran premio, un xantar ou cea nun restaurante de Ferrol para todos os membros participantes.
Mentres Ferrol xoga en familia, entre as 12:00 e as 13:00 h. o grupo Folclórico ARNELA DE CARRALESE alegrará coa súa música as rúas e prazas do barrio da Madalena.
A xornada de tarde dará comezo ás 6 da tarde coa GRAN FESTA DO I DÍA DA FAMILIA DE FERROL que terá lugar na propia praza de Amboaxe e correrá a cargo do TEATRO CALAVERA. Un espectáculo con música, bailes e xogos participativos para divertirse en familia.
* No caso de climatoloxía adversa, o evento será posposto.