Skip to Content

ENDL

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

 

Esta semana celebramos na nosa escola o particular concurso de cabazas da festividade do Samaín no cal participaron os cativos e cativas do noso centro. Os gañadores/as das diferentes categorías foron:

PREMIOS AS CABAZAS MÁIS TERRORÍFICAS:

1º África de 6º de Primaria

2º Nadia de 5º de Primaria

3º Aitana de 2º de Primaria

PREMIOS AS CABAZAS MÁIS ORIXINAIS:

1º Manuel e Tome de 3º e 5º de Primaria

2º Xoel de 6º de Infantil

3º Lía de 4º de Infantil

PREMIOS AS CABAZAS MÁIS TRADICIONAIS:

1º Noa Casal 2º de Primaria

2º Manu de 1º de Primaria

3º Borja de 5º de Infantil

 

Agradecer a tódolos/as participantes e convidarvos a participar nas seguintes actividades do centro.

Un saúdo o EDNL.

 

 

O Roscón de Beade

Boas comunidade educativa do Ceip Coutada Beade, dende ENDL trouxemos unha gran chea de novas e interesantes actividades para o curso escolar 2019/2020 que a ben seguro os van deixar coa boca aberta.

Para comezar, traemos ao noso centro "O Roscón de Beade," onde tódalas semanas deste primeiro trimestre aparecerán na cortiza da equipa de ENDL definicións de palabras que comezan ou conteñen a letra da palabra que estamos a atopar. A función dos alumnos/as do centro será a de completar tódalas letras do alfabeto galego do noso particular rosco. A idea xa está creando moita euforia polo centro.

Proxección final do proxecto: O BOSQUE.

Rematamos un ano cheo de investigacións arredor do BOSQUE no que se integrou todo o centro. Na mañá de hoxe xuntámonos na aula de audiovisuais para poñer en común todo o traballado a través da seguinte proxección.

Tamén aproveitamos para facer entrega dos premios convocados pola Biblioteca ao longo do curso e aos participantes na obra de teatro do Equipo de Dinamización da Lingua. PARABÉNS A TODOS E TODAS! 

Podedes ver as fotos dos premiados e premiadas AQUÍ.

 

 

ESCOLA DE TEATRO

 

Neste curso a aula de teatro do noso colexio prepararon unha obra baseada na vida do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Antón Fraguas.

 

A aula de teatro está composta por alumnos e alumnas de 6º de primaria,  dirixidos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Esta é unha pequena mostra da interpretación no Festival das Letras Galegas  celebrado no Centro Cultural  da nosa parroquia.

 

A música que escoitaredes no video é unha escolla de pezas dun grupo de gaiteiros que tiñamos, o século pasado, na nosa cidade, os famosos “Morenos de Lavadores”. Un grupo que tocaba en moitísimas festas, romarías, bailes entroidos, innaguracións, concursos e filmes, e que deixou unha fonda pegada nas futuras xeracións de gaiteiros e percusionistas galegos.

FAI CLIC   

Os maios 2019

A continuación tedes un pequeno video sobre a celebración de OS MAIOS.

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut