Skip to Content

ENDL

Mar

AS FAMILIAS TAMÉN SE IMPLICAN NO TEMA DO MAR

 

Seguindo co tema de traballo e investigación deste curso: “O MAR”, desde os Equipos de Dinamización da nosa lingua e de Biblioteca, propuxemos ás familias a súa colaboración para que nos deran a súa visión do mar, e fixeran un traballo que se puidera expoñer nos corredores da escola.

Estes son os estupendos traballos que realizaron estas familias.

Parabéns  e un emocionado agradecemento a todas elas por mostrarnos o seu bo facer.

   

 

   

 

Teatro

AULA DE TEATRO NO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 

Este ano o día das Letras Galegas  dedícase á escritora María Vitoria Moreno, así que desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística decidimos adaptar unha das  obras da autora para o Festival co alumnado de  sexto.

Todos os luns,  no tempo do recreo,  a aula de teatro  e o equipo ensaiamos esta obra. Foi moi traballoso, pero o resultado na representación foi marabillosa.

Así, puidemos contar un anaquiño da obra “Mar adiante”, a historia dun barco moi especial, “o arroás”.

 

    

 

    

Os maios 2018

O maio 2018

Xa chegou a primavera!!!!

Este curso, como vén sendo tradición, celebramos o Maio. Desta vez, desde o E.D.N.L, quixemos xuntar esta celebración cos versos de Rosalía de Castro. Deste xeito, entre tod@s construímos o Maio e aprendemos, recitamos, cantamos e bailamos estes fermosos versos da nosa poetisa máis querida.

Maio longo, Maio longo

todo cuberto de rosas,

para algúns telas de morte,

para outros telas de voda.

Maio longo, Maio longo

fuches curto para min,

veu contigo a miña dicha,

volveu contigo a fuxir.

 

 

    

  

Rosalía de Castro

Día de Rosalía de Castro

Este ano celebramos o 181 aniversario de nacemento desta insigne autora.

Cada 24 de febreiro na escola rememoramos os seus versos e a súa biografía, reivindicando a súa figura como “referente necesario” na dignificación da nosa lingua e da nosa cultura.

Cada aula de infantil e primaria traballou distintos poemas da autora. Aquí vai unha pequena mostra do traballo realizado.

 

   

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut