Skip to Content

ENDL

O meco arde.

Xuízo do Meco 2018

 


Hoxe é día do teu xuízo

por ter feitos mil maldades,

imosche facer pagar

as túas barbaridades.

 

Queimaches o monte todo

e deixáchelo ben seco.

Xente que quedou sen casa

pola túa culpa Meco.

 

As cinzas baixan do monte

e case chegan ao mar,

os pobres dos berberechos

non poderan respirar.

 

E non chovía nin pinga,

Tiñas secuestrado o ceo

Menos mal que  xa amañaches,

estan os encoiros cheos.

 

Botan lixo no mar

plástico,aceite e máis cousas,


e se non remedias iso

Ímoste bater nas costas.

 

Os mariñeiros traballan

Á noite coa luz da lúa,

se non collen moito peixe

ha de ser por culpa túa.

 

Uns  imos de calamares

e outros imos de chinchos

Todos vivimos aquí,

e queremos o mar limpo.

 

Meco xa chegou a hora

de pagar os desperfeitos,

Ímoste queimar agora

do revés e do dereito.

 

O alumnado de Beade

vaiche dar a despedida,

ata outro ano Meco¡¡¡

que pases a mellor vida!!!

 

       

O mar

Xa que vivimos nunha cidade tan vencellada ao mar, o proxecto documental deste curso é “O mar”.

O MAR

Xa que vivimos nunha cidade tan vencellada ao mar, o proxecto documental deste curso é “O mar”.

Cada aula elexiu un tema relacionado co mar para traballar. Ao final de curso, coñeceremos a fauna, flora, oficios, embarcacións, persoaxes,… relacionadas co mar.

De momento, estas son as decoracións  dalgunhas portas das aulas.

     

 

      

 

   

REGUEIFAMOS NO COLE

Os rapaces e rapazas de 6º estiveron nun obradoiro que organizou o Concello para aprender a regueifar.

Ese día convertímonos nuns estupendos regueifeiros/as.

   

Samaín 2017

Un ano mais celebramos o Samaín no noso centro. Volvemos a lembrar esa tradición antiga que nos vén dos nosos antepasados celtas. Gracias á colaboración de moitas familias no centro poidemos gozar dunha estupenda exposición de cabazas e duns marabillosos doces.

 

  

 

 

 

Os noso gañadores do concurso de cabazas. Noraboa!

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut